Arsenio Jesús Cordero Domínguez, nado en Alcalá de los Gazules en 1965, é un político español do Partido Socialista Obrero Español.

Traxectoria Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Cádiz, é concelleiro dende 1999 e foi alcalde de Alcalá de los Gazules, cargo que ocupou dende 2003 ata 2011. Casado e pai de dous fillos, é membro do consello de administración da Empresa Municipal de Desenvolvemento de Alcalá de los Gazules.

Foi candidato ao Parlamento de Andalucía nas eleccións parlamentarias de 2022.

Notas

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Alcalá de los Gazules Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Alumnos da Universidade de Cádiz Categoría:Alcaldes de Alcalá de los Gazules