A Universidade Iuav de Venecia, ou IUAV, fundada como Instituto Universitario de Arquitectura de Venecia (Istituto Universitario di Architettura di Venezia), é unha universidade italiana fundada en 1926 con sede en Venecia. Ocúpase das áreas e disciplinas de arquitectura, deseño, moda, artes visuais, urbanismo e planificación do territorio.

Historia A universidade púxose en marcha en decembro de 1926 grazas a Giovanni Bordiga, que naquela altura era presidente da Academia de Belas Artes de Venecia.

A partir do ano 2001, pasou a denominarse Universidade IUAV de Venecia, incorporando á facultade de Arquitectura outras dúas novas facultades: Artes e Deseño e Planificación.

Organización En 2012, as tres facultades foron pechadas para crear tres novos departamentos:

o Departamento de Arquitectura, Edificación e Conservación; o Departamento de Deseño e Planificación en Contornos Complexos. o Departamento de Cultura do Proxecto; Posteriormente, a Academia pasou a estar organizada nese único departamento unificado: Departemento di Culture del Progetto.

Alumnado e profesorado Algúns dos alumnos e profesores máis destacados da IUAV son Carlo Scarpa, Manfredo Tafuri, Aldo Rossi, Benedetta Tagliabue, Renzo Piano ou Alessandro Mendini, entre outros.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Universidade Iuav de Venecia

Categoría:Universidades Categoría:Venecia Categoría:Universidades de Italia Categoría:Universidades de Europa Categoría:Escolas de arte Categoría:Arquitectura de Italia