O aeródromo da Canosa foi un aeródromo situado na illa Canosa no esteiro do río Miño, pertencente ao concello da Guarda.
Historia
A primeira aterraxe realizouna Nemesio Álvarez Sánchez, piloto de aviación e fillo dun alcalde da Guarda, cando decidiu ir en aeroplano á súa vila natal Guarda. Ao estar nunha illa era necesario empregar unha barca para ir a terra firme. Foi o primeiro aeródromo militar de Galicia, e chegou a ser visitado o 18 de agosto de 1934 por 23 aeroplanos procedentes de Xetafe. A comezos da guerra civil un aeroplano procedente deste aeródromo lanzou papeis sobre Vigo instando os golpistas a renderse ou ser bombardeados, alarmando á cidade. O último uso coñecido foi en 1956. Notas
Véxase tamén Outros artigos Aeroportos de Galicia
Canosa Categoría:A Guarda