Antony Hostein, nado en Talence, Xironda, o 11 de febreiro de 1975, é un numismático e historiador francés, director de estudos da Escola Práctica dos Altos Estudos de Francia e presidente da Sociedade Francesa de Numismática.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Antony Hostein, nado en Talande, Xironda, en 1975, cursou o seu ensino secundario no Lycée Camille Guérin de Poitiers e finalmente na Universidade de París 1 Panthéon-Sorbonne (1995-1998), onde en 2005 acadou o seu doutoramento,"Antony Hostein- Curriculum Vitae". Academia.edu"Antony Hostein". Fondation des sciences sociales (Fondation-sciences-sociales.org). baixo a dirección de Michel Christol e Jean Louis Ferrary,"Antony Hostein". École Practique des Hautes Études (EPHE.psl.eu). titulada "Civitas et Imperium: vida municipal e poder imperial a través dos discursos relativos á cidade de Autun (finais do século III – principios do século IV)"."Ciuitas et Imperium... ". Theses.fr
Carreira académica e profesional Entre 1999 e 2000 exerceu como profesor de ensino secundario, e de 2006 e 2016, foi profesor de Historia Romana na Universidade Panthéon-Sorbonne. Nese último ano acadou a habilitación para dirixir investigacións e foi elixido director de estudos na Escola Práctica dos Altos Estudos, institución na que ocupa a cátedra de Historia Monetaria do Mundo Romano.
Hostein foi tamén profesor invitado na Universidade de Florencia (2006), Na Universidade de Sfax, en Tunisia (2018 e 2019) e na Universidade de Varsovia (2018).
O seu labor investigador céntrase na historia política e na numismática, sinaladamente a moeda imperial e as emisións provinciais romanas, cunha especial atención á historia das cidades no Imperio Romano e ao período da crise do século III.
Hostein é autor de numerosos artigos e outras contribucións, entre eles un estudo sobre a cidade dos Aedui en 2012,Véxase "(2012-a-)" en "Publicacións". e o volume noveno na serie editorial Roman Provincial Coinage en 2016,Véxase "(2016)" en "Publicacións". ambos galardoados con senllos premios académicos pola Académie des Inscriptions et Belles-Lettres"Prix Saintour". Académie des inscriptions et belles lettres (Aibl.fr). e pola Royal Numismatic Society."The Gilljam Prize for Third-Century Numismatics". Royal Numismatic Society (Numismatics.org).
En 2024 foi elixido presidente da Sociedade Francesa de Numismática."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org).
Recoñecementos
2014: Premio Saintour, da Académie des inscriptions et belles-lettres. 2014: Bolsa Kraay Travel Scholarship, da Heberden Coin Room do Ashmolean Museum."Heberden Coin Room. Visiting Scholars". Heberden Coin Room
Ashmolean Museum (Hcr.ashmus.ox.ac.uk). 2019: Premio Gilljam, da Royal Numismatic Society. 2019: Premio da Fundación de Ciencias Sociais.
Publicacións
(2012-a-). La cité et l’empereur : les Éduens dans l’Empire romain d’après les Panégyriques latins. Sorbonne, París. ISBN 978-2-85944-712-0Recensión por Laurent Brassous en L'Antiquité Classique. 2014. Nº 83. Páxinas 486-488. (2012-b-). Les voyages des empereurs dans l’Orient romain (époques antonine et sévérienne) (con Sophie Lalanne). Errance, París. ISBN 978-2-87772-515-6 (2016). Roman Provincial Coinage. Vol. IX: From Trajan Decius to Uranius Antoninus (AD 249-254) (con Jérôme Mairat e Edoardo Levante). Londres/París. ISBN 978-2-7177-2710-4Recensión por Laurent Bricault en Revue Numismatique. 2017. Nº 174. Páxinas 403-405. (2017). Roman Provincial Coinage. Supplement 4 (Vols. I-III, VII.1 e IX) (con Michel Amandry, Andrew Burnett, Pere P. Rippollès et al. Londres/París. (2017). "48 ap. J.-C. : Des Gaulois au Sénat de Rome". En Boucheron P. (dir.). Histoire mondiale de la France. Le Seuil, París. Páxinas 61-65. ISBN 978-2-2861-3712-0 (2021). La présence de l'État dans l'Est de la Gaule durant l'Antiquité tardive (250-450 ap. J.-C.) (con B. Fort, S. Janniard e M. Kasprzyk). Revue Archéologique de l'Est. ISBN 9782915544862
Notas
Véxase tamén Outros artigos Sociedade Francesa de Numismática
Ligazóns externas Vídeo: Confiance et monnaie sous l’empire romain - Antony Hostein
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados no departamento da Xironda Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Historiadores de Historia Antiga Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática