Zona sublevada ou zona franquista son os nomes polos que a historiografía contemporánea coñece a zona de España que, no transcurso da guerra civil, estivo baixo o dominio do bando sublevado contra a República, sendo denominada polos sublevados como «zona nacional» e máis tarde «Novo Estado Nacional».
Dende pouco despois da sublevación, en 1936, foi recoñecida desde 1936 como representante do Estado español polos países europeos que a apoiaron, como a Alemaña nazi e a Italia fascista. Nas comunicacións co seu goberno, o embaixador alemán utilizaba tamén o termo España branca para se referir á zona sublevada. Aínda que ata o final da guerra civil, o goberno republicano mantivo o recoñecemento diplomático da maioría dos países, en febreiro de 1939, preto xa do final da guerra, o goberno formado polos sublevados foi recoñecido tamén polos gobernos de Francia e o Reino Unido.
A extensión da zona sublevada foi variando ao longo da guerra, segundo se movían as frontes. A súa existencia finaliza cando, ao final da mesma, as forzas do xeneral Francisco Franco lograron o control total do país. Comezou así a ditadura de Francisco Franco.
Concepto e terminoloxía As denominacións tradicionais que a historiografía franquista empregou son «zona nacional» ou «zona nacionalista». Con todo, a maior parte da historiografía contemporánea rexeita o termo «nacional» en favor doutros como «sublevado», «rebelde» ou «franquista». Recóllense ademais termos xenéricos como «zona franquista»O termo franquista é a consideración máis acaída para diversos autores a partir de 1937, coa asunción do liderado absoluto por parte de Franco tras a morte de Mola. ou «zona sublevada». Outros autores como Hugh Thomas falan nas súas obras da «España nacionalista», ou Ramón Tamames cando fai referencia á «España nacional».
O termo «nacionalistas» ou «nacionais» aplicado ao bando contendente na guerra civil foi cuñado por Joseph Goebbels, o ministro alemán de propaganda nazi, tras a visita da delegación española clandestina o 24 de xullo de 1936 liderada polo capitán Francisco Arranz para solicitar axuda e material bélico ao Terceiro Reich tras o Golpe de estado. Con este termo pretendíase darlle un aspecto de lexitimidade á axuda militar alemá.En xullo de 1936, Joseph Goebbels, o ministro de Propaganda Nazi, deu instrucións á prensa alemá sobre como se debía informar da Guerra Civil en España. A partir de entón non debían referirse ás tropas de Franco como «rebeldes» nin tratar o movemento militar insurxente como «golpe de Estado» ou «rebelión». Ademais debían referirse ao bando republicano como «bolxeviques». Tampouco podían facer mención da participación alemá na guerra. Os líderes da facción sublevada, cualificados de «cruzados» polo bispo de Salamanca Enrique Pla i Deniel (e que empregaran o termo «cruzada» para referirse á súa campaña) inmediatamente aprobaron e adoptaron o termo.
Evolución política Dende que se produciu o alzamento en África o 17 de xullo e no día seguinte na península, as tropas dos sublevados triunfaron e ocuparon unha ampla zona de España que quedou dúbida en dúas áreas. En poucos días, os sublevados controlaron case toda a parte norte (Galicia, León, Castela a Vella, Aragón e parte de Estremadura), ademais dun triángulo andaluz que abranguía dende Huelva ata Sevilla e Córdoba.
Tras a etapa de certa provisionalidade que representou a Xunta de Defensa Nacional, formada tras a morte en accidente de aviación do xeneral Sanjurjo (quen debía encabezar o Directorio militar que gobernaría o país tras derrubar o goberno da Fronte Popular), os xenerais sublevados decidiron nomear un mando único militar e político. Dende o 1 de outubro de 1936 o xeneral Franco foi o «Xeneralísimo» das forzas sublevadas e o «Xefe do Goberno do Estado». Despois do fracaso da toma de Madrid (entre novembro de 1936 e marzo de 1937) e coa perspectiva de que a guerra ía ser longa, o «Xeneralísimo», coa axuda do seu cuñado Ramón Serrano Suñer, comezou a configurar a organización política do «Novo Estado». O primeiro paso foi o Decreto de Unificación de abril de 1937 polo que todas as forzas políticas que apoiaban o «alzamento nacional» e singularmente os falanxistas e os carlistas (quen coas súas milicias contribuíran máis á guerra) foron integradas nun único partido, Falange Española Tradicionalista y de las JONS. O paso seguinte foi a organización do «Novo Estado», tarefa encomendada polo «Xeneralísimo» ao seu primeiro goberno nomeado o 30 de xaneiro de 1938 (que substituíu a Xunta Técnica do Estado).
A construción do «Novo Estado» foi acompañada da destrución de todo o que tivese que ver coa República. Así na zona sublevada, ao contrario do que estaba a suceder na zona republicana (na que se desencadeou a revolución), procedeuse a unha contrarrevolución. Levouse a cabo unha represión sistemática das persoas, organizacións e institucións que puidesen entenderse nalgunha forma ligadas a esa República revolucionaria que se pretendía combater.
Nese camiño de construción do «Novo Estado» Franco contou co apoio e beizón da Igrexa católica. Bispos, sacerdotes e relixiosos comezaron a tratar a Franco como un enviado de Deus e este acabou por crer que, en efecto, tiña unha relación especial coa divina providencia.
A Xunta de Defensa Nacional miniatura|Mola (dereita) e o xeneral Franco en Burgos o 27 de agosto de 1936, nunha imaxe recollida polo xornal alemán Berliner Illustrierte Zeitung. O xeneral Sanjurjo, exiliado en Estoril, morreu o 20 de xullo por causa do accidente que tivo nada máis engalar o avión pilotado polo falanxista Juan Antonio Ansaldo. Dirixíase nel desde Lisboa cara a Pamplona para pórse á fronte da sublevación. Isto deixou os xenerais sublevados sen o xefe que ía encabezar o levantamento. Para suplir en parte a carencia dun mando único, o 24 de xullo, catro días despois do accidente de Sanjurjo, os xenerais e xefes sublevados constituíron en Burgos unha Xunta de Defensa Nacional. Presidida polo xeneral de máis gradación e máis antigo, Miguel Cabanellas, xefe da División Orgánica de Zaragoza, estaba integrada polo xeneral Saliquet, o xeneral Ponte, o xeneral Mola, o xeneral Dávila, o coronel Montaner e o coronel Moreno Calderón. O xeneral Franco integrouse nela máis tarde. O seu Decreto número 1, do 25 de setembro, estabelecía que asumía «todos os poderes do Estado» e en sucesivos decretos estendeu o estado de guerra que o bando sublevado proclamara en cada sitio a toda España. Iso serviu de base para someter a consellos de guerra sumarísimos a todos os que se opuxesen á rebelión militar. Ademais, ilegalizou os partidos e sindicatos da Fronte Popular e prohibiu todas as actuacións políticas e as sindicais obreiras e patronais «mentres duren as actuais circunstancias».
Porén, o máis urxente era lograr a unidade de mando militar. Co fracaso do golpe militar fulminante, a posibilidade prevista por Mola de instaurar un Directorio Militar caía pola súa base, e máis aínda tras a morte da persoa que podería presidilo de maneira indiscutida, o xeneral Sanjurjo. Ante iso abriuse paso a incógnita sobre unha posíbel restauración monárquica, de ningún xeito prevista polos conspiradores militares. Aínda así, calquera acción requiría de xeito inevitábel pasar primeiro pola elección dun mando único. O xeneral Franco acababa de situar o seu cuartel xeral o 26 de agosto no palacio dos Golfines de Cáceres, onde os falanxistas organizaron unha concentración de masas na que foi aclamado como xefe e salvador de España. Parece que foi el quen pediu unha reunión dos xenerais sublevados para tratar o tema, aínda que segundo outras fontes a proposta fíxoa o xeneral Alfredo Kindelán.
O xeneral Franco, "Xeneralísimo" e "Caudillo" esquerda|miniatura|O xeneral Franco en Burgos en agosto de 1936. Á súa esquerda, o xeneral Mola; e á súa dereita, o xeneral José Cavalcanti. O 21 de setembro tivo lugar nos arredores de Salamanca a primeira reunión. Asistiron os xenerais da Xunta de Defensa Nacional e os xenerais Orgaz, Gil y Yuste e Kindelán. Discutiuse sobre a necesidade do mando único das forzas sublevadas e nomearon para o cargo ao xeneral Franco, pois era quen mandaba o exército que estaba a piques de conseguir a entrada en Madrid. O Exército de África estaba a só 100 quilómetros da capital. Ademais, era o que obtivera a axuda da Alemaña nazi e da Italia fascista. Tamén influíu que os outros candidatos posíbeis quedasen descartados (Cabanellas, por masón; Queipo de Llano, por ser republicano; Mola, porque o avance das súas columnas cara Madrid fracasara). Ademais, o xeneral Franco era «o máis cauto, o menos ideoloxizado, o máis neutro de todos eles en cuestión de réxime», segundo o historiador Santos Juliá. Decidido o mando único no terreo militar, aínda quedaba por dilucidar o mando político. Todos os xenerais reunidos votaron a Franco agás o xeneral Cabanellas que se abstIvo e que máis tarde comentou:
Entón o xeneral Franco realizou unha xogada mestra. Ordenou que as columnas que avanzaban a Madrid se desviasen cara Toledo para liberar o Alcázar e así levantar o cerco de dous meses ao que estaban sometidos un milleiro de gardas civís e falanxistas. Nel tamén estaban algúns cadetes da Academia de Infantaría ao mando do seu director, o coronel Moscardó, con mulleres e nenos de coñecidos militantes de esquerda retidos como reféns. Coa súa liberación, Franco recibiu un enorme capital político. O Alcázar era o símbolo da salvación de España que, como unha mártir, rexurdía do sepulcro ao que a conduciran os inimigos. A toma do Alcázar agrandou a súa lenda e a famosa frase de Moscardó "sen novidades no Alcázar", repetida diante de Franco e numerosos xornalistas dous días despois da súa liberación, foi adecuadamente propagada. Franco aparecía, así, como o salvador dos heroes do asedio e como o símbolo dun exército disposto a gañar a guerra a calquera custo.
O 28 de setembro de 1936, o mesmo día en que o Alcázar de Toledo foi liberado, celebrouse a segunda reunión dos xenerais en Salamanca para decidiren quen ostentaría o mando político. O elixido foi o xeneral Franco, ao que os seus compañeiros non só nomeaban «Xeneralísimo das forzas nacionais de terra, mar e aire», senón tamén «Xefe do Goberno do Estado español mentres dure a guerra». Este, recibiu con satisfacción ambos nomeamentos con estas palabras: "Póñedes España nas miñas mans... Teño que me encargar de tódolos poderes". Porén, cando foi publicado o día seguinte o decreto 138 da Xunta de Defensa Nacional co seu nomeamento introduciuse un importante cambio no texto, suprimiuse a postila «mentres dure a guerra» e ao nomeamento do xeneral Franco como «Xefe do Goberno do Estado Español» engadíaselle «quen asumirá tódolos poderes do novo Estado». Coa expresión «Estado Español» eludíase a cuestión do futuro réxime, que se estabelecería cando se ocupase Madrid e rematase a guerra, cousa que crían que sucedería nas seguintes semanas ou nos seguintes meses. En calquera caso, todo o aparello republicano desaparecía dun golpe e o poder pasaba con carácter ditatorial ao xeneral Franco. O decreto do 29 de setembro de 1936 sería a base da lexitimidade do poder do «Xeneralísimo» durante os seguintes 39 anos. miniatura|Fachada do Palacio de Capitanía Xeral (Burgos). O 1 de outubro de 1936, no salón do trono da Capitanía Xeral de Burgos, Franco tomaba posesión do seu novo cargo como Xeneralísimo do exército sublevado e Xefe do Goberno do Estado. Deste xeito, confirmábase na súa persoa a unidade administrativa e militar do bando sublevado e quedaba formado un Estado cuxo nervio era o Exército e á cabeza do cal se situaba o Caudillo. miniatura|Casa do Cordón (Burgos), sede da Xunta Técnica do Estado.