The Electric Prunes é unha banda estadounidense de garage rock pioneira na psicodelia experimental durante o 1966. O grupo estivo activo en dúas etapas non continuas cos seus músicos sendo substituídos frecuentemente. Fundouse nos Ánxeles en 1965 e disolveuse en 1969, para regresar no ano 2000, para facer novas gravacións e dar concertos.

Traxectoria A banda xurdiu en 1965 como grupo de garage rock influenciado polo surf rock, "The Sanctions". The Sanctions, que incluía a James Lowe (voz e guitarra), Mark Tulin (baixo), Ken Williams (guitarra) e Michael "Quint" Weakley (batería), gravou 12 cancións versións nun estudio caseiro no 1965. Para a súa seguinte serie de gravacións, o grupo mudaría o nome a "Jim and the Lords", ao que se uniu o teclista Dick Hargrave, que marchou pouco despois. Con esta formación coñeceron a unha axente chamada Barbara Harris que tiña bos contactos na industria musical e presentoulle o grupo a Dave Hassinger para gravar demos nos seus "Sky Hill Studios". Hassinger, que estivera traballando como enxeñeiro de son residente nos "RCA Studios" e rematara recentemente de traballar no álbum de The Rolling Stones, "Aftermath", expresou o seu desexo de producir un disco. Suxeríndolle ao grupo que cambiase o seu nome a "The Electric Prunes".

Incorporando a psicodelia e elementos de rock electrónico embrionario, o son da banda estivo marcado por técnicas de gravación innovadoras con guitarras en tons fuzz e efectos de son oscilantes. Ademais, o concepto de "música de garaxe libre" do guitarrista Ken Williams e do cantante James Lowe proporcionou á banda unha paleta sonora máis rica e unha estrutura lírica exploratoria que a de moitos dos seus contemporáneos.

A banda asinou con "Reprise Records" en 1966 e lanzou o seu primeiro sinxelo, "Ain't It Hard". O seu primeiro álbum, "The Electric Prunes", incluíu as dúas cancións de maior éxito nacional da banda, "I Had Too Much to Dream (Last Night)" e "Get Me to the World on Time". Last Night foi asinada polo dúo que compoñerá gran parte do seu primeiro disco, Annette Tucker e Nancie Mantz, e que chega ao número 11 no Billboard estadounidense, e ao 49 no Reino Unido, xa en 1967. A peza convértese no seu maior éxito e no tema polo que son máis recoñecidos, sendo versionado por diferentes grupos. No Estado español, por exemplo, por Lagartija Nick. A letra describe un home con síntomas de resaca despois de terse namorado da súa amante, alegando que tivo moito que soñar a noite anterior. O título en realidade é un xogo de palabras con beber demasiado (too much to drink), de aí a resaca. Musicalmente incorpora unha novidosa utilización do fuzz trémolo en estéreo e ten uns arranxos psicodélicos. O éxito do tema anima á banda a saír de xira apoiándoo e a editar un novo sinxelo, "Get Me to the World on Time", composto este por Annette Tucker e Jill Jones e que tamén inclúen no seu primeiro disco, chegando esta vez ao número 27 do Billboard e ao 42 das listas do Reino Unido. Este tema chama menos a atención que o anterior, adicado á pista de baile pero criticado polos expertos en canto a melodía e ambiente. Coa aparición do seu segundo álbum, "Underground", a banda tivo máis liberdade para crear o seu propio material. Non obstante, o grupo orixinal disolveuse en 1968 cando demostrou ser incapaz de gravar os complexos arranxos de David Axelrod nos álbums "Mass in F Minor" e "Release of an Oath". Ambos os álbums, e "Just Good Old Rock and Roll (1969)", foron lanzados baixo o nome da banda, cuxos dereitos eran propiedade do seu produtor David Hassinger, pero foron interpretados na súa maioría por outros músicos. "Mass in F Minor" foi un álbum conceptual de versións psicodélicas de oracións; unha peza de época contextualizada pola crítica coma definitivamente excesiva , a súa canción destacada ("Kyrie Eleison") foi usada para a banda sonora da película Easy Rider. Ningún dos membros orixinais seguía na formación cando a banda se disolveu a finais dos anos 60. A "banda" volveuse a xuntar en 1999 e comezou a gravar de novo. O grupo aínda actúa ocasionalmente, aínda que o único membro orixinal que queda é o cantante James Lowe.

Discografía miniatura|O seu baixista, Mark Tulin en 2009 Álbums de estudio The Electric Prunes 1967 Underground 1967 Mass In F Minor 1968

En Directo Stockholm Re-editado en dúas ocasións con portada diferentes 1997/2002 The Sanctions / Jim and the Lords: Then Came the Electric Prunes 2000

Recompilacións Long Day's Flight 1986 The Singles 1995 Lost Dreams 2001 Artifact 2001 Too Much to Dream: Original Group Recordings: Reprise 1966–1967 2007

Notas

Categoría:Grupos musicais formados en 1965 Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de garage rock