O Campionato de España de Rallys de Asfalto, oficialmente CERA-Recalvi e anteriormente coñecido como Copa de España de Rallys de Asfalto, é unha competición de rally que se disputa anualmente en España desde 2021, estando organizada pola Real Federación Española de Automobilismo. Nacida como unha competición de segundo nivel trala consolidación do S-CER como máximo certame nacional, dispútase sobre asfalto con probas que na súa maioría foron anteriormente puntuables para o desaparecido Campionato de España de Rally.

Historia Coa desaparición en 2020 do Campionato de España de Rally e a consolidación a partir de 2021 do Súper Campionato de España de Rallys como principal certame de rallys en España, a Real Federación Española de Automobilismo decidiu a creación da Copa de España de Rallys de Asfalto, como un campionato de segundo nivel para pilotos que preferisen centrarse só en probas de asfalto (a diferenza do S-CER que mestura asfalto e terra). Deste xeito, e co patrocinio da empresa galega Recalvi, en 2021 disputouse a primeira edición do CERA-Recalvi, que constaba inicialmente de nove probas, pero que quedou en oito trala cancelación por motivos económicos do Rally Botafumeiro. Catro das probas puntuaban simultaneamente para o CERA e para o S-CER. O asturiano Óscar Palacio proclamouse como o primeiro campión do certame a bordo dun Ford Fiesta Rally2, por diante de Sergio Vallejo e José Antonio Suárez.

Na segunda tempada comezou o dominio dos pilotos galegos, proclamándose campión o Škoda Fabia Rally2 evo do dumbriés Víctor Senra por diante do piloto de Salceda de Caselas Jorge Pérez Oliveira, mentres que na seguinte campaña o título foi para o coruñés Álvaro Muñiz, tamén sobre un Škoda Fabia. O naronés Jorge Cagiao converteuse no primeiro piloto en repetir título, coas súas dúas coroas consecutivas conseguidas nas tempadas 2024 e 2025, ambas conducindo un Alpine A110. Para a edición de 2025 o certame mudou o seu nome, recuperando a histórica denominación de Campionato de España de Rallys de Asfalto.

Rallys Na edición inaugural, celebrada no 2021, o calendario inicial contaba con nove probas, incluído o Rally Botafumeiro que non chegou a disputarse. A última tempada celebrada (2025) constou de seis probas.

Probas actuais (2025) Rally Cidade de Narón (2021-) Rally Villa de Adeje (2023-) Rally La Llana (2024-) Rally de la Vendimia (2023-) Rally Mudéjar Ciudad de Teruel (2024-) Rally Ciudad de Valencia (2023-)

Probas pasadas

Rally Sierra Morena (2021) Rally Rías Baixas (2021-2023) Rally Cristian López Herrero (2021-2023) Rally Princesa de Asturias (2021) Rally Villa de Llanes (2021) Rally do Cocido (2021-2023) Rally de La Nucía-Mediterráneo (2021, 2024) Rally de Ferrol (2022) Rally Norte de Extremadura (2022)

Palmarés

Pilotos AnoCampiónSubcampiónTerceiro2021 Óscar Palacio Sergio Vallejo José Antonio Suárez2022 Víctor Senra Jorge Pérez Oliveira José Luis Peláez2023 Álvaro Muñiz Jorge Cagiao Óscar Palacio2024 Jorge Cagiao Enrique Cruz Alberto Ordóñez2025 Jorge Cagiao

Copilotos AnoCampiónSubcampiónTerceiro2021 Alberto Iglesias Pin Álvaro Louro Avelino Martínez2022 Miriam Vera Alberto Chamorro Alberto Iglesias Pin2023 Javier Martínez Néstor Casal Alberto Iglesias Pin2024 Javier Martínez Yeray Mujica Diego Fuentes2025 Javier Martínez

Escudarías AnoEscudaría2021 Recalvi Team2022 Yacar Racing2023 Yacar Racing2024 Recalvi Team2025 Recalvi Team

Notas

Categoría:Competicións de automobilismo de España Categoría:Campionatos de rally Categoría:Rally en España