Lara Pouso Martínez, nada en Santiago de Compostela en 1997, é unha actriz galega e confundadora da compañía Morraoconto. Traxectoria Graduada en maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela, fórmase na Aula de Teatro da USC baixo a dirección de Roberto Salgueiro.

En 2021 funda a compañía de teatro e danza Morraoconto xunto a Miguel Gendre e Rafa R. Martínez.

En 2024 aparece no Spot Anual da lotería de nadal.

Teatro

Aula de Teatro da USC

Cinzas, de R. García. Dirección: Roberto Salgueiro (2015-2016). Cousas que trouxo a chuvia, de R. Salgueiro (2016-2017). Pasar por Nida de R. Salgueiro (2017-2018). A muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour, de R. Salgueiro (2018 - 2019).

Outras compañías

Cabaret Salomé, de O. Wilde. (GN Teatro, 2016). Treboada, de Nauta Teatro. (2023). A Danza dos medos, de Jorge Rey e Manuel Mansilla. (Títeres Cachirulo, 2025). TROMSØ, de R. R. Martínez. (morraoconto, 2025).

Audiovisual

Curtametraxes

Peixes Voadores (Paco Torregrosa, 2018).

Televisión

Os Amantes de Abrente, TVG. (2023). Secundario. Spot Lotería de Nadal, Proximity Madrid, Blank Films. (2024). Secundaria.

Premios e recoñecementos

Premio Xuventude Crea no 2016, por Cabaré Salomé de GN Teatro. Premio do xurado na MITEU de Ourense no 2017, por Cousas que trouxo a chuvia da Aula de Teatro da USC. Premio do xurado ao Mellor Espectáculo ex aequo xunto coa Universidade de Granada por Cousas que trouxo a chuvia, da Aula de Teatro da USC no Festival Internacional de Teatro Universitario da Beira Interior (Portugal).

Notas

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1997 Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela