Tania Vázquez García, nada en Chantada o 8 de marzo de 1993, é unha investigadora e profesora galega.
Traxectoria
É graduada en Linguas e Literaturas Modernas, no itinerario de Filoloxía Románica, na Universidade de Santiago de Compostela. Foi premio extraordinario de fin de carreira, premio á excelencia académica concedido pola Xunta e Premio Extraordinario polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
En 2014-2015 tivo unha bolsa de colaboración do MECD no Departamento de Filoloxía Galega-USC (Área de Filoloxía Románica), no curso 2015-2016, unha bolsa Jae Intro no IEGPS (CSIC). Participou no proxecto Prosa Literaria Galega Medieval do CRPIH, no do Proxecto Voces de mulleres na Idade Media: realidade e ficción (séculos XII-XIV) (FFI2014-55628-P), dirixido pola Dra. Esther Corral Díaz, en Voces, espazos e representacións femininas na lírica galego-portuguesa, Prosa Literaria Galega Medieval e Consolidación e estruturación. Grupo de Referencia Competitiva (GRC) GI-1350 Románicas (Filoloxía, Literatura medieval).
Ten colaborado en varias revistas especializadas: Revista de Filología Románica, Estudios románicos, Alicerces. Revista de estudos sobre o Miño Medio, Cuadernos de estudios gallegos, Murguía: revista galega de historia, Revista de Literatura Medieval e Elos: revista de literatura infantil e xuvenil.
Foi profesora no IES Río Cabe de Monforte de Lemos e despois pasou ao IES Lama das Quendas de Chantada, na especialidade de Lingua Galega e Literatura.
En 2025 estudou o emprego do galego nas inscricións funerarias dos cemiterios chantadeses. Dentro da iniciativa 'Palabra e Memoria'.
Obras
Libros colectivos
Locas. Escritoras y personajes femeninos cuestionando las normas: "Alamanda: trobairitz marginada y olvidada" (2015). Arcibel Editores. ISBN 978-84-15335-66-5. Nuevas perspectivas literarias y culturales (I CIJIELC): "Las modalidades del debate en la tradición lírica medieval" (2016). MACC - Grupo de Investigación ELICIN, Universidade de Vigo. ISBN 978-84-608-6759-3. Guía para o estudo da prosa galega medieval (2020). Xunta de Galicia. ISSN: e-ISSN: 2695-3951. (en liña) Mulleres medievais: textos e imaxes na lírica galego-portuguesa (2023). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-19679-59-8.
Notas
Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1993 Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela