Demetrio de Alexandría (en ; en ) foi un filósofo peripatético. Traxectoria Probabelmente escribiu a obra περί ἑρμηνείας, ás veces atribuída a Demetrio de Falero, quen por diversas razóns non puido escribila, entre outras porque tivo que ser elaborada posteriormente debido ás palabras e expresións que emprega. Está escrita con considerábel gusto e fai referencia aos mellores autores. É unha boa fonte de información sobre os puntos principais da oratoria.

Tamén escribiu outra obra sobre retórica (τέχναι ῥητορικαί), probabelmente no período dos antoninos, segundo Dióxenes Laercio. Notas

Categoría:Filósofos da Grecia antiga Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Gramáticos Categoría:Personalidades de Alexandría na Antigüidade Categoría:Nados no século II Categoría:Finados no século II