Kveikur é o sétimo álbum de estudio da banda islandesa de post-rock Sigur Rós, publicado o 12 de xuño de 2013 no Xapón, o 17 internacionalmente e o 18 nos Estados Unidos a través do selo XL Recordings. É o único álbum que se lanzou integramente a través de XL despois de que a banda deixase EMI e Parlophone durante a adquisición do selo por Universal Music Group en 2012. É o único álbum dende o seu debut, Von, no que non participa Kjartan Sveinsson, tras a súa marcha en 2012 (no seu lugar, foi coprodutor do álbum), e o último no que participa o batería Orri Páll Dýrason antes da súa marcha en 2018. A portada é unha foto da artista brasileira Lygia Clark.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Sigur Rós Categoría:Álbums musicais de 2013 Categoría:Álbums de XL Recordings