Ransford Selasi, nado o 19 de agosto de 1996 en Obuasi, é un futbolista ghanés que xoga na demarcación de centrocampista. Actualmente non está vencellado a ningún club. https://www.transfermarkt.it/ransford-selasi/profil/spieler/292333

Traxectoria Naceu o 19 de agosto de 1996 en Obuasi (Ghana). Sendo moi novo trasladouse a Italia e comezou a xogar nas categorías inferiores do Delfino Pescara 1936. O 3 de decembro de 2013 debutou no primeiro equipo, entrando no minuto 82 nun partido contra o Spezia Calcio na Copa Italia 2013/14. O seu primeiro partido en Serie B ocorreu o 17 de maio de 2014, cando entrou no minuto 50 nun partido contra o Calcio Padova. Permaneceu no club até 2016, sumando un total de 47 partidos e conseguindo a promoción do Pescara a Serie A na súa última tempada.

O 30 de agosto de 2016 foi cedido ao Novara Calcio, en Serie B. Estreouse o 10 de setembro de 2016, cando entrou no minuto 77 nun partido contra a US Salernitana 1919. Xogou un total de 14 partidos antes de terminar a cesión no verán de 2017.

Desde o Pescara foi cedido dúas veces máis: o 31 de xaneiro de 2018 foi transferido ao Lecce, sumando 7 partidos e unha promoción á Serie B; o 31 de agosto marchou ao Fano, disputando un total de 28 encontros.

O 30 de agosto de 2019 foi adquirido pola Juventus U23, o equipo de reserva da Juventus. Estreouse o 18 de setembro nun partido de Serie C contra a SS Arezzo. O 14 de febreiro de 2020 foi cedido ao FC Lugano, na Super Liga suíza. Permaneceu neste club toda a tempada e foi comprado no verán de 2020.

O 11 de febreiro de 2021 foi adquirido polo SC Kriens e xogou no club o resto da tempada 2021/2022.Ghanaian youngster Ransford Selasi joins SC Kriens on loan for the rest of the season, modernghana.com, 11 de xaneiro de 2021 En xaneiro de 2023 foi adquirido pola AD Ceuta, un club no que disputou 15 partidos na Primeira Federación 2022/23. En agosto dese mesmo ano produciuse a súa cesión ao Estepona. Tras xogar 15 encontros co Estepona, en xaneiro de 2024 produciuse a súa compra pola UD Melilla, equipo no que sumou 14 partidos.

En outubro de 2024, Selasi foi adquirido pola SD Compostela. Permaneceu no club galego até final da tempada de Segunda Federación 2024/25, cun total de 22 partidos xogados. Desde o 1 de xullo de 2025 non está vencellado a ningún equipo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ransford Selasi en Soccerway Ransford Selasi en BDFutbol

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Ghana Categoría:Futbolistas de Ghana Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do Melilla CF Categoría:Xogadores do FC Lugano Categoría:Centrocampistas de fútbol