Higinio López Barrio, nado en Montamarta (Zamora) cara a 1897 e finado en Ourense o 27 de xullo de 1937, foi un funcionario e político español.

Traxectoria

Alguacil e axente da Audiencia de Ourense. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na Prisión Provincial de Ourense o 10 de agosto.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 866 Foi destituído como funcionario en agosto.El Pueblo Gallego, 19-8-1936, p. 5. Encartado na causa 598/37 por rebelión militar, foi xulgado en consello de guerra presidido por Ambrosio Feijoo Pardiñas no que actuou como fiscal Joaquín Otero Goyanes o 23 de marzo de 1937, con Marcial García Barros, Anselmo López García, Marcelino Otaduy Vázquez, Eduardo París Villar, Manuel Suárez Castro e Antonio Taboada Nóvoa.La Región, 24-3-1937, p. 3. Condenado a pena de morte, foi fusilado no Campo de Aragón o 27 de xullo de 1937 xunto con Manuel Suárez Castro, Eduardo París Villar, Ramón Figueiras Añel, José González González, Antonio Colmenero Villamarín, Camilo Gago González e Antonio Taboada Nóvoa.La Voz de Galicia, 28-7-1937, p. 4. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Higinio López Barrio Expediente de responsabilidades políticas de Marcial García Barros, Anselmo López García, Marcelino Otaduy Vázquez, Eduardo París Villar, Higinio López Barrio; Antonio Taboada Nóvoa e Manuel Suárez Castro.

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na provincia de Zamora Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1937