William Bradley "Brad" Pitt, nado en Shawnee (Oklahoma) o 18 de decembro de 1963, é un actor e produtor estadounidense. Pitt recibiu catro nomeamentos ós Premios Óscar e cinco ós Globos de Ouro, e é gañador dun Globo de Ouro. Foi descrito como un dos homes máis atractivos do mundo, un feito polo cal recibiu moita atención por parte dos medios de comunicación.

Pitt gañou recoñecemento por vez primeira interpretando a un cowboy autostopista en Thelma e Louise (1991). Os seus primeiros papeis protagonistas en grandes producións foron A River Runs Through It (1992), Interview with the Vampire (1994) e Legends of the Fall (1994). En 1995, foi aclamado pola crítica pola súa interpretación no filme de suspense Seven e no de ciencia ficción 12 Monkeys, valéndolle este último un Globo de Ouro ó mellor actor secundario e un nomeamento ós Premios Óscar. Catro anos despois, Pitt protagonizou o filme de culto Fight Club. Posteriormente participaría no éxito internacional Ocean's Eleven (2001) e as súas secuelas, Ocean's Twelve (2004) e Ocean's Thirteen (2007). Os seus maiores éxitos comerciais foron Troia (2004), Mr. & Mrs. Smith (2005) e World War Z (2013). Pitt recibiu o seu segundo e terceiro nomeamento ós Óscar polas súas actuacións en O curioso caso de Benjamin Button (2008) e Moneyball (2011). Pitt ten a súa produtora de cine, Plan B Entertainment, responsable de filme como Infiltrados (2006) e 12 anos de escravitude (2013) que gañaron o Óscar ó mellor filme, e Moneyball, e lle valeu un nomeamento nesa mesma categoría.

Após unha longa relación coa actriz Gwyneth Paltrow, Pitt casou con Jennifer Aniston durante cinco anos. Pitt está coa actriz Angelina Jolie nunha relación que espertou moita expectación e provocou unha grande publicidade. El e Jolie teñen 6 fillos: Maddox, Pax, Zahara, Shiloh, Knox e Vivienne. Dende que comezou a súa relación con Jolie, Pitt tense involucrado cada vez máis en cuestións sociais, tanto nos Estados Unidos como a nivel internacional.

Filmografía Cine Ano Filme Papel Notas 1987 Hunk Rapaz na praia 1987 Non hai saída Oficial do aeroporto 1987 No Man's Land Camareiro 1987 Less Than Zero Partygoer 1988 The Dark Side of the Sun Rick 1989 Happy Together Brian 1989 Cutting Class Dwight Ingalls 1990 Too Young to Die? Billy Canton 1991 Across the Tracks Joe Maloney 1991 Thelma e Louise J.D. 1991 Johnny Suede Johnny Suede 1992 Contact Cox 1992 Cool World Detective Frank Harris 1992 A River Runs Through It Paul Maclean 1993 Kalifornia Early Grayce 1993 True Romance Floyd 1994 The Favor Elliott Fowler 1994 Interview with the Vampire: The Vampire Chronicles Louis de Pointe du Lac 1994 Legends of the Fall Tristan Ludlow 1995 Seven David Mills 1995 12 Monkeys Jeffrey Goines 1996 Sleepers Michael Sullivan 1997 The Devil's Own Francis "Frankie" Austin McQuire/Rory Devaney 1997 Seven Years in Tibet Heinrich Harrer 1998 Meet Joe Black Joe Black/Home da cafetería 1999 Fight Club Tyler Durden 1999 Being John Malkovich El mesmo Cameo 2000 Snatch, cochos e diamantes Mickey O'Neil 2001 The Mexican Jerry Welbach 2001 Xogo de espías Tom Bishop 2001 Ocean's Eleven Rusty Ryan 2002 Confessions of a Dangerous Mind Brad, Bachelor No.1 2003 Sinbad: Legend of the Seven Seas Sinbad Voz 2004 Troia Aquiles 2004 Ocean's Twelve Rusty Ryan 2005 Mr. & Mrs. Smith John Smith 2006 Babel Richard 2007 Ocean's Thirteen Rusty Ryan 2007 O asasinato de Jesse James a mans do covarde Robert Ford Jesse James 2008 Burn After Reading Chad Feldheimer 2008 O curioso caso de Benjamin Button Benjamin Button 2009 Inglourious Basterds Tenente Aldo Raine 2010 Megamind Metro Man Voz 2011 The Tree of Life Mr. O'Brien 2011 Moneyball Billy Beane 2011 Happy Feet Two Will the Krill 2012 Mátaos suavemente Jackie Cogan 2013 World War Z Gerry Lane 2013 12 anos de escravitude Samuel Bass 2013 The Counselor Westray 2014 Fury Don "Wardaddy" Collier

Televisión Ano Título Papel Notas 1987 Another World Chris 2 episodios 1987 Growing Pains Jeff 2 episodios: "Who's Zoomin' Who?""Feet of Clay" 1987 Head of the Class Chuck Episodio: "Partners" 1987 Freddy's Nightmares Rick Austin Episodio: "Black Tickets" 1987 Dallas Randy 4 episodios 1988 21 Jump Street Peter Episodio: "Best Years of Your Life" 1990 The Image Home da cámara Telefilme 1990 Too Young to Die? Billy Canton Telefilem 1990 Glory Days Walker Lovejoy 6 episodios 1992 Tales from the Crypt Billy Episodio: "King of the Road" 2001 Friends Will Colbert Episodio: "The One with the Rumor" 2002 Jackass El mesmo 2 episodios 2003 King of the Hill Patch Boomhauer VozEpisodio: "Patch Boomhauer"

Produtor Ano Filme Notas 2006 God Grew Tired of Us Produtor executivo 2006 Infiltrados 2006 Running with Scissors 2007 The Tehuacan Project Produtor executivo 2007 Year of the Dog Produtor executivo 2007 A Mighty Heart Co produtor 2007 O asasinato de Jesse James a mans do covarde Robert Ford 2008 Pretty/Handsome Produtor executivo 2009 The Time Traveler's Wife Produtor executivo 2009 The Private Lives of Pippa Lee Produtor executivo 2010 Kick-Ass 2010 Eat Pray Love 2011 The Tree of Life Co-produtor 2012 Moneyball 2012 Mátaos suavemente 2013 World War Z 2013 Kick-Ass 2 2013 12 anos de escravitude

Galardóns e nomeamentos

Óscars Ano Categoría Filme Resultado1995Óscar ao mellor actor secundario12 MonkeysCandidato

Globos de Ouro

Ano Categoría Filme Resultado2006Globo de Ouro ao mellor actor secundarioBabelCandidato1995Globo de Ouro ao mellor actor secundario12 MonkeysGañador1994Globo de Ouro ao mellor actor - DramaLegends of the FallCandidato

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Brad Pitt en Yahoo Movies Brad Pitt en People.com Páxina oficial

Categoría:Actores de Oklahoma Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados no condado de Pottawatomie, Oklahoma