Transamundo I ou Trasimundo I foi conde de Capua e despois Duque de Spoleto entre 663 e 703. Foi fiel seguidor de Grimoaldo I de Benevento.
Traxectoria Transamundo axudou a Grimoaldo a usurpar o reino dos longobardos. A cambio, Grimoaldo deulle á súa filla en matrimonio e concedeulle o ducado de Spoleto tras a morte de Attón. Transamundo gobernou xunto co seu irmán Wachilapo. Sucedeuno o seu fillo Faroaldo II tras un reinado de corenta anos.
Fontes
Paulo Diácono. Historia Langobardorum. Hodgkin, Thomas. Italy and Her Invaders. Volume VI.
Categoría:Longobardos Categoría:Duques de Spoleto Categoría:Finados en 703