Julio García Fernández, nado en San Miguel de Coence (Palas de Rei) en 1859 e finado na mesma parroquia o 28 de abril de 1934, foi un empresario e político galego.

Traxectoria

Fillo do médico Andrés García. Colaborou en Galicia Diplomática e formou parte do grupo de intelectuais encabezado por Bernardo Barreiro que impulsou a creación dun Corpo de Cronistas en 1892, e el mesmo foi cronista de Palas de Rei. Creou o balneario de Frádegas en 1891. Foi deputado provincial polo distrito Sarria-Chantada durante 20 anos e vicepresidente da Deputación. En 1919 foi un dos fundadores da sociedade Transportes Automóviles de Chantada, que deu servizo entre Chantada, Lugo e Ourense.La Región, 17-8-1919, p, 1. Finou en San Miguel de Coence o 28 de abril de 1934.La Voz de la Verdad, 29-4-1934, p, 4.La Voz de la Verdad, 4-5-1934, p, 8.

Vida persoal

Casou con Ascensión Santos Barros e foi pai de dez fillos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas José de Cora (27/9/2021). Julio García Fernández El Progreso.

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en Palas de Rei Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1934