Antonio Hervella Tovar, nado en Ourense en 1912 e finado na Coruña o 12 de xaneiro de 1994, foi un maxistrado e político galego.

Traxectoria Sobriño de Manuel Gómez González. Fixo o bacharelato no colexio Concepción Arenal de Ourense. Foi nomeado oficial 3º interino da Deputación de Ourense en xaneiro de 1931.La Región, 31-1-1931, p. 8. Estudou Dereito e fíxose avogado. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado xuíz municipal do distrito do Instituto da Coruña en xuño de 1937.El Ideal Gallego, 19-6-1937, p. 4. Nomeado xuíz de instrución de Laredo en febreiro de 1939.La Región, 15-2-1939, p. 3. Ese mesmo ano foi destinado á Auditoría de Guerra de Barcelona como capitán honorario. Maxistrado de Traballo en Ourense, en decembro de 1941 foi designado delegado provincial do Servicio de Justicia y Derecho de FET y de las JONS.La Región, 20-12-1941, p. 2. Foi nomeado presidente da Deputación de Ourense en febreiro de 1943.El Ideal gallego, 9-2-1943, p. 7. Cesou como presidente da Deputación en abril de 1944. Foi destinado a Coruña como maxistrado de Traballo en xuño de 1949.El Ideal Gallego, 30-6-1949, p. 1. Nomeado presidente da Sala primeira da Audiencia Territorial da Coruña, xubilouse no cargo en xuño de 1982.BOE, 3-7-1982, 18252. Finou na Coruña o 12 de xaneiro de 1994 con 81 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 13-1-1994, p. 75.

Vida persoal

Casou en Ourense con María Novoa Valencia en agosto de 1939,La Región, 16-8-1939, p. 4. e foi pai de José Ramón, Marisa e Maricarmen Hervella Nóvoa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Os Presidentes da Deputación

Categoría:Falanxistas Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Presidentes da Deputación de Ourense Categoría:Nados en Ourense

Categoría:Nados en 1912

Categoría:Finados en 1948