Iuri Tabatadze (en ), nado en Kutaisi o 29 de novembro de 1999, é un futbolista xeorxiano que xoga de extremo dereito no Cádiz, da Segunda División. É internacional coa selección nacional de Xeorxia.
Traxectoria Comezou a xogar nunha escola de fútbol de Tbilisi aos 7 anos, antes de ingresar aos 11 na canteira do Saburtalo. O 20 de agosto de 2019 debutou co primeiro equipo do club.
Nos seguintes anos disputou un total de 191 partidos oficiais co Saburtalo, marcando 53 goles e conquistando unha liga, tres Copas de Xeorxia e unha Supercopa.
O 27 de agosto de 2025 fichou polo Cádiz, da Segunda División española.
Selección xeorxiana En novembro de 2025 foi convocado pola selección xeorxiana para os partidos de clasificación para o Mundial de 2026 contra España e Bulgaria.
Notas
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Kutaisi Categoría:Futbolistas de Xeorxia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Xeorxia