Pedrafigueira é un lugar da parroquia de Santa Comba de Carnota, no concello coruñés de Carnota. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 215 habitantes (105 homes e 110 mulleres), o que supón unha diminución en comparación co ano 2007 cando tiña 249 habitantes.

Traballo e economía Hai unha fábrica de conservas da empresa Dani, unha cooperativa téxtil, e dous talleres de ebanistería.

Turismo Hai unha praia de 2 km na que hai duchas. O Bico do Santo. A fervenza de Pedrafigueira.

Servizos Neste lugar sitúase o IES Lamas de Castelo, e instalacións deportivas.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Santa Comba de Carnota

Parroquias de Carnota

Pedrafigueira