Joshua Leeds Eustis é un músico, cantautor e produtor discográfico estadounidense, coñecido sobre todo por ser o único membro actual do grupo de música electrónica Telefon Tel Aviv dende a morte do seu compañeiro Charles Cooper en 2009. Participou como membro de xira do grupo de rock industrial Nine Inch Nails en 2013 e colaborou fortemente ao longo dos anos co proxecto en solitario de Maynard James Keenan, Puscifer, no que tamén participou como membro de xira. O proxecto en solitario de Eustis é Sons of Magdalene, co que comezou a publicar música en 2008. Tamén é membro fundador da banda The Black Queen.

Traxectoria Eustis formou Telefon Tel Aviv co seu amigo do instituto Charles Cooper en 1999. O dúo lanzou o seu álbum de estrea, Fahrenheit Fair Enough, en 2001 a través de Hefty Records. A este seguiulle Map of What Is Effortless en 2004 e Immolate Yourself en 2009. O 22 de xaneiro de 2009, dous días despois da publicación de Immolate Yourself , Charles Cooper faleceu, deixando o futuro de Telefon Tel Aviv incerto.Thiessen, Brock (27 de xaneiro de 2009). "R.I.P. Charlie Cooper". Exclaim!.

En 2011 Eustis coproduciu o segundo álbum de estudio de Puscifer, Conditions of My Parole. Tamén contribuíu ao EP Donkey Punch the Night de Puscifer e ao álbum de remesturas All Re-Mixed Up en 2013. En 2013 anunciouse que Eustis actuaría como membro en directo de Nine Inch Nails na xira Tension 2013. Principalmente encargouse do baixo durante a primeira xira, debido á saída de Eric Avery da banda.Scoczynski Filho, Fernando (1 de xullo de 2013). "Former members of Nine Inch Nails: Where are they now?". Antiquet Tras a inclusión do baixista Pino Palladino na nova formación, tocou principalmente a guitarra, os teclados e diferentes instrumentos, acompañando momentos clave dalgunhas das cancións, como o saxofón e o erhu. En decembro de 2013 anunciouse que Eustis non actuaría coa banda na seguinte xira de 2014.

En 2014 Eustis anunciou que lanzaría un álbum de estrea en solitario como Sons of Magdalene, alcume adoptado en 2007, cando o seu pai foi diagnosticado con cancro. O álbum, titulado Move to Pain, foi gravado parcialmente antes da morte de Cooper e foi lanzado o 24 de xuño de 2014 a través de Audraglint Recordings.

A partir de principios de 2015, Eustis converteuse nun membro activo de The Black Queen, xunto con Greg Puciato e Steven Alexander.

Eustis apoiou a xira europea de Tropic of Cancer do 27 de outubro ao 13 de novembro de 2015.

O 4 de xaneiro de 2016 revelouse que Eustis daría o seu primeiro concerto oficial como Telefon Tel Aviv o 2 de abril de 2016, na actuación de Benjamin Wynn en The Regent, no centro dos Ánxeles.

No ano 2019 Telefon Tel Aviv publicaría o seu primeiro álbum tras a morte de Charles Cooper en 2009, Dreams Are Not Enough.

Notas

Categoría:Nados en Nova Orleáns, Luisiana Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades da música