Angel José Brea Hernández, tamén coñecido como Ângelo José Brea Hernández ou Ângelo Brea, nado en 1968 en Santiago de Compostela, é un escritor e profesor galego.
Traxectoria
É licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade da Coruña e diplomado en Estudos Portugueses pola Universidade de Lisboa. A súa memoria de licenciatura na USC foi: Os Descordos galego-portugueses: (exame do corpus, critérios de classificaçao e análise comparativa com os descordos provençais e franceses).
Imparte aulas de Lingua galega e Literatura. Participou en moitos congresos e simposios sobre literatura medieval e lusofonía. É membro numerario da Academia Galega da Língua Portuguesa.
É secretario das Irmandades da Fala da Galiza e Portugal e pertence aos consellos de redacción das revistas O Ensino, Cadernos do Povo e Nós, nas que publicou artigos sobre literatura e sociolingüística.
Obras
"Livro do Caminho, poemário", in Cadernos do Povo (1989). Pontevedra-Braga. Diário de um poeta maldito (1994). Pontevedra: Colección de poesia 5+2 = 8 e Aos 4 ventos,. Queixumes dos Pinheiros e outros poemas de Eduardo Pondal, in Cadernos do Povo (1996). Número monográfico "Cantares Galegos, de Rosalia de Castro", in Cadernos do Povo (1999). Edición anotada e versión portuguesa. O país dos nevoeiros (2005). Culleredo: Espiral Maior. ISBN 9788496475090. Lembranças da terra & outras histórias de um futuro possível (2014). Santiago: Através. ISBN 9788487305870. Prólogo de Paulo Soriano. Tempo de eclipses (2019). Milladoiro: Improset. Recompilación da súa poesía. Nos vales do Máriner e outros relatos (2022). Milladoiro: Improset. ISBN 978-84-09-37291-1. Relatos.
Libros colectivos
Eva Perón (1994). Xunto con Roberto Cordovani e Iolanda Aldrei. Premio Compostela de Teatro en 1995. A voz dos mundos: contos de ficçâo científica (2016). Santiago de Compostela: Através. ISBN 9788487305962.
Premios
Prémio CarValho, golpeDasa 2025 na categoría de Creación por Ensinamentos de Rahotep.
Notas
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1968 Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña