José Luis Crespo Cepeda, nado en Valdepeñas o 19 de maio de 1994, é un físico, divulgador científico e youtubeiro español. É coñecido pola súa canle Quantum Fracture, onde realiza breves animacións narradas sobre diversos temas principalmente relacionados co mundo da física, que abranguen dende a mecánica cuántica ata a astrofísica.

Traxectoria José Luis Crespo naceu na vila manchega de Valdepeñas o 19 de maio de 1994. Graduouse en Ciencias Físicas pola Universidad Autónoma de Madrid, á cal mantívose estreitamente vencellado a través de colaboracións con algúns dos seus centros de investigación, coma o Instituto de Física de la Materia Condensada (IFIMAC) e o Instituto de Física Teórica (IFT UAM-CSIC). Actualmente, traballa para o Instituto de Física Teórica facendo unha serie de vídeos sobre as liñas de investigación do centro.

Divulgación científica esquerda|miniatura|129x129px|Logotipo de Quantum Fracture. Crespo tivo grande interese pola ciencia. dende os 14 anos grazas a documentais e libros sobre o tema. No ano 2013, Crespo decidiu crear a súa canle de YouTube Quantum Fracture adicada á divulgación científica, inspirado por youtubeiros angloparlantes como Derek Muller ou MinutePhysics. Nela realiza breves animacións onde trata materias relacionadas co mundo da física (coma o Big Bang, a teoría da relatividade ou a mecánica cuántica) xunto con produtos da cultura popular (como series de televisión, películas o videoxogos). Ademais de física, Crespo trata outros temas como a evolución biolóxica, a musicoloxía, as criptomoedas, os NFT, o negacionismo do cambio climático e o terraplanismo.

Crespo tamén participou con outros youtubers como Aldo Bartra, Javier Santaolalla, Jaime Altozano e Jordi Wild. En 2018 logrou chegar a un millón de suscritores, converténdose na primeira canle española de divulgación científica en conseguir tal cantidade. miniatura|280x280px|José Luís Crespo, máis coñecido como Quantum Fracture, nunha conferencia da Universidade Politécnica de Valencia (2022). Na súa traxectoria como divulgador, José Luis realizou conferencias en universidades e eventos como Afundación, TLP Tenerife, TubeCon, CosmoCaixa, Scenio (Naukas) e Ciencia Jot Down. Tamén produciu xontido para RTVE e o programa Órbita Laika de TVE.

Premios Premio de Divulgación Científica polo Centro de Física de Partícula (2014) Premio de Internet en Divulgación Científica (2018)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en Valdepeñas Categoría:Nados en 1994 Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Físicos de España Categoría:Personalidades de YouTube