Ángel Currás Parada, nado no Latón (Meira, Moaña) o 28 de decembro de 1996, coñecido artisticamente como Oveya Nejra, é un creador de contido galego que acadou popularidade principalmente a través dos seus vídeos na plataforma TikTok.

Traxectoria Ángel Currás, que quedou orfo de nai na adolescencia e sufriu acoso escolar por mor da súa orientación sexual, estudou psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela e na de Granada, onde se licenciou. Como psicólogo traballa na prevención do acoso escolar, e tamén ten traballado como maquillador.

Comezou a publicar contido en TikTok en 2024 co alcume de Oveya Nejra. A súa visibilidade aumentou tras a viralización dalgúns vídeos nos que combinaba humor cotián con reflexións sobre a realidade social e lingüística de Galicia.

O contido de Oveya Nejra céntrase principalmente en vídeos humorísticos e situacionais, comentarios sobre a vida diaria, defensa e normalización do uso do galego nas redes, reflexións persoais con enfoque social. Porén, os seus vídeos son maioritariamente en castelán.

Segundo a web do seu representante, o coruñés Rodri Álvarez, en xaneiro de 2026 tiña máis de 1 200 000 seareiros.

Vida persoal Vive nos Mallos (A Coruña) co mozo e a cadela (2025).

Notas

Categoría:Nados en Moaña

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Personalidades de TikTok de Galicia

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:LGBT en Galicia