Eugenio Menéndez-Conde García, nado en Tui o 9 de outubro de 1898 e finado en Puebla en 1972, foi un avogado, xuíz e político galego.
Traxectoria Fillo de Bonifacio Menéndez Conde, tenente coronel de Enxeñeiros, e sobriño de Valeriano Menéndez Conde, bispo de Tui. Fixo o bacharelato no Instituto de Pontevedra.El Diario de Pontevedra, 2-10-1914, p. 10. Avogado, ingresou no corpo de Administración civil do Estado en 1921.La Integridad, 2-7-1921, p. 2. Foi oficial do Goberno civil da Coruña (1921-1924),El Compostelano, 1-8-1921, p. 2. secretario do concello de Medina Sidonia (1925), xuíz de instrución de Ribadavia (1930-1936) e secretario do Xulgado de Primeira Instancia de Lugo. En abril de 1936 pasou á Dirección Xeral de Seguridade.El Pueblo Gallego, 4-4-1936, p. 2. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid. Durante a guerra foi xuíz de instrución de Almería, secretario do xulgado de Cuenca,Gaceta de la República, 11-4-1937, p. 161-162. presidente do Tribunal Popular de Cuenca,Gaceta de la República, 26-5-1937, p. 911. e fiscal xefe da Audiencia de Lleida dende novembro de 1937.Expediente gubernativo nº 27/1937 de la Audiencia de Lleida relativo a Eugenio Menéndez-Conde García, nombrado fiscal jefe Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1937,El Progreso, 23-3-1937, p. 1. e foi condenado a quince anos de inhabilitación absoluta, quince anos de extrañamento e perda de todos os seus bens.El Compostelano, 5-7-1941, p. 2. Coa derrota da República exiliouse en Francia. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia rumbo a México, arribando a Veracruz o 13 de xuño.Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia Traballou como vendedor en Cidade de México.
Vida persoal
Casou con Carmen Sáinz Bayón e foi pai de José, Julio Antonio e Mario Emilio Menéndez-Conde Sáinz. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Eugenio Menendez-Conde Garcia Expediente personal de Eugenio Menéndez Conde García
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1972