Vicente Rodríguez Rodríguez, nado en Monforte de Lemos o 27 de febreiro de 1907 e finado en Cidade de México, foi un político galego.
Traxectoria Irmán de Pedro Rodríguez Rodríguez. Traballou como camareiro na Coruña e foi detido en 1929 con motivo dunha folga de camareiros. Foi camareiro e axudante de laboratorio en Monforte de Lemos e membro da UGT dende 1930. Trasladouse a Barcelona e foi cobrador da Compañía de Gas y Electricidad e afiliouse á Agrupación Socialista de Barcelona en 1931. Con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi responsable de Intendencia do Cuartel Carlos Marx de Barcelona e dende abril de 1938 delegado da Dirección Xeral de Carabineiros na 3ª Brigada Mixta co grao de sarxento. Coa caída de Cataluña exiliouse en Francia cruzando a fronteira o 10 de febreiro de 1939 por La Tour de Carol. Estivo internado no campo de concentración de Vernet d’Ariège. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia rumbo a México, arribando a Veracruz o 13 de xuño.Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia Instalouse en Cidade de México, traballou como camareiro e formou parte da Agrupación Socialista Española do PSOE na que aínda estaba afiliado a finais dos anos noventa.
Vida persoal
Casou con María Valín Andrade e foi pai de Electra Rodríguez Valín.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "México enriqueceuse moito coa chegada dos exiliados republicanos"
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en ano descoñecido