A fosducina é unha proteína humana codificada no xene PDC do cromosoma 1. Pertence á familia da fosducina de proteínas.
O xene PDC codifica unha fosfoproteína, que está localizada nos segmentos externo e interno dos bastóns da retina. Esta proteína pode participar na regulación da fototransdución visual ou na integración do metabolismo fotorreceptor. Modula a fervenza de fototransdución interaccionando coas subunidades beta e gamma da proteína G da retina transducina. Ao asociarse soamente con estas subunidades, a subunidade alfa da transducina permanece activa máis tempo. Isto incrementa a cantidade de tempo da excitación visual.
Este xene é un posible xene candidato a ser responsable da retinite pigmentosa e a síndrome de Usher tipo II. Identificáronse variantes de empalme alternativo que codifican diferentes isoformas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Familia da fosducina
Bibliografía
Categoría:Proteínas