María Susana Muhamad González, nada en Barranquilla o 21 de abril de 1977, é unha politicóloga, ambientalista e política colombiana, membro do partido Colombia Humana. Foi ministra de Ambiente e Desenvolvemento Sostible, entre agosto de 2022 e febreiro de 2025, no goberno de Gustavo Petro.

Foi a presidenta da Conferencia das Nacións Unidas sobre Biodiversidade de 2024. Foi secretaria de ambiente e secretaria xeral de Bogotá durante a alcaldía de Gustavo Petro; e concelleira da cidade entre 2020 e 2022.

Traxectoria De ascendencia palestina por parte do seu avó, Susana Muhamad é filla de Carlos Muhamad quen naceu en Santa Marta. Susana Muhamad naceu en Bogotá e viviu no barrio Cedritos, un barrio de clase media ao norte da cidade. Aos 8 anos de idade, o seu pai decidiu trasladar a familia a Barranquilla. Alí estudou nun colexio bilingüe e creceu en contacto coa comunidade árabe local. Permaneceu en Barranquilla até rematar o bacharelato, tras o cal regresou a Bogotá para continuar a súa educación.

É profesional en Ciencia Política da Universidade dos Andes (2002) e cursou unha mestría en Xestión e Planeamento do Desenvolvemento Sostible na Universidade de Stellenbosch de Suráfrica (2007).

Notas

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Barranquilla Categoría:Ecoloxistas de Colombia Categoría:Políticos de Colombia Categoría:Políticos de Colombia Humana Categoría:Colombianos de ascendencia palestina Categoría:Alumnos da Universidade dos Andes (Colombia) Categoría:Alumnos da Universidade de Stellenbosch Categoría:Ministros de Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Colombia