José Bullejos Sánchez, nado en Romilla (Chauchina, provincia de Granada) o 7 de decembro de 1899 e finado en México en maio de 1975, foi un político español.

Traxectoria Membro fundador do PCE, o cal dirixiu dende 1925 até a súa expulsión no 1932. Foi fundador do histórico xornal Mundo Obreiro. Nos anos previos á República e trala proclamación da mesma, vivíronse en España momentos de moita tensión revolucionaria. As forzas obreiras atopábanse divididas entre os anarquistas da CNT e os comunistas do PCE. Porén, eran os primeiros quen tiñan a maior influencia entre as clases traballadoras de España. Isto foi visto dende a Internacional Comunista, quen acababa de lanzar as políticas da Fronte Popular, tralo auxe dos Fascismos (goberno de Mussolini en Italia) e o apabullante ascenso do nazismo nas eleccións de 1929 en Alemaña). José Bullejos opúxose primeiramente a esta política o que lle valeu a súa expulsión, sendo substituído por José Díaz e afiliándose el ao PSOE

Trala Guerra Civil exiliouse en México, onde se dedicou a escribir.

Obras Europa entre dúas guerras (Ed. Castilla, México 1944). España na segunda República (Ed. Impresiones Modernas, México 1967). A Comintern en España: lembranzas da miña vida (Ed. Impresiones Modernas, México 1972).

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Políticos do PCE Categoría:Nados en Chauchina Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1975