Mauringo (ou Moringus), finado en 824, foi un nobre franco, fillo de Suppón I dos Suppónidas. Traxectoria Sucedeu ao seu pai en Brescia como conde (Brixiae comes) en 822 e, tras o breve reinado de Adelardo, en Spoleto como duque en agosto de 824. Segundo os Annales de Einhardo e os Anais Reais Francos, morreu aos poucos días da toma do poder.
Véxase tamén Bibliografía
Wickham, Chris. Early Medieval Italy: Central Power and Local Society 400-1000. MacMillan Press: 1981.
Categoría:Francos Categoría:Historia de Italia Categoría:Duques de Spoleto Categoría:Finados en 824