Manuel Méndez Lozano, nado en Zaragoza o 8 de febreiro de 1966, máis coñecido polo seu nome artístico Manolo Kabezabolo, é un cantautor punk español.

Traxectoria Debutou nun bar propiedade duns amigos na localidade de Carenas, preto de Zaragoza. Durante os seus primeiros anos como artista, nin sequera tiña guitarra propia. Despois de tocar en varios bares de Zaragoza e gañar algo de diñeiro, comprou unha. Fillo dun militar, as súas letras caracterízanse pola súa ironía e revelan o seu mal xenio.

A súa primeira maqueta P'a los kolegas fixose nunha radiocassette de dúas pletinas e dous micrófonos, posta en vertical utilizou o micrófono que quedaba abaixo para gravar a guitarra e no de arriba a voz. Puxo a venda 200 cintas, que recomendaba que se gostaba a piratearan e difundiran. Foi un éxito de boca a boca e pirateo.

Ata despois de lanzar o seu primeiro álbum, tocou só acompañado pola súa guitarra, aínda que non é coñecido pola súa habilidade. De feito, isto é fácil de ver: moitas das súas cancións carecen dun ritmo claro, e ás veces o tempo é máis rápido e ás veces máis lento. É infrecuente que entre cancións apenas se mova do micrófono, e durante cada canción simplemente canta e toca.

Durante a década de 1990 lanzou varios CDs e realizou concertos por moitas provincias españolas, sendo a máis destacada a súa actuación en xullo de 1996 no Doctor Music Festival. Ese mesmo ano decidiu deixar de actuar en solitario e fundou a banda "Manolo Kabezabolo y los que se van del bolo".

Ata o ano 2000, Manolo estivo nun hospital psiquiátrico de Madrid, como consecuencia dun grave ataque esquizofrénico que sufriu a mediados de decembro de 1993. Inicialmente, non lle permitiron saír do centro baixo ningunha circunstancia, o que o sumiu nunha profunda depresión debido á súa incapacidade para interpretar a súa música en directo. Máis tarde, grazas a que lle asignaron un psiquiatra diferente, permitíuselle saír os fins de semana, que utilizaba para facer concertos e desfogar as súas frustracións. Nunha das súas cancións, rende homenaxe ao doutor Miguel Bouza, un mozo psiquiatra que lle deu certa liberdade e lle permitiu volver a facer o que máis lle gustaba.

En 2004, realizou unha xira pola República Dominicana, converténdose na primeira banda punk española en actuar alí, en Santo Domingo. Na súa presentación participaron integrantes de La Reforma e La Armada Roja, cos que compartiu escenario.

En 2007, mentres actuaba no Baitu Rock, cantou varias cancións a capela. Ese mesmo ano, decidiu cancelar os concertos finais da xira, alegando estrés, pero volveu aos escenarios o 19 de xaneiro de 2008, en Durango (Biscaia), para gravar un CD e un DVD de Piperrak, compartindo escenario con eles, Segismundo Toxicómano e Lendakaris Muertos.

En 2014, Manolo Kabezabolo comezou a preparar o seu seguinte álbum. O álbum conmemora os 30 anos do artista na industria musical e, ese mesmo ano, Manolo tamén produciu o seu primeiro videoclip en tres décadas. Todo este material financiouse a través dunha campaña de financiamento colectivo cun orzamento necesario de 5.400 €. A campaña foi un éxito, recadando máis de 8.000 € con 223 patrocinadores.

O seu álbum do 30 aniversario titulouse “Si Todavía Te Kedan Dientes, Es Ke No Estuviste Ahí” (Se aínda tes dentes, é porque non estabas alí) e presentouse o 31 de maio de 2014 no Teatro de las Esquinas de Zaragoza, xunto con Gatillazo e Radiocrimen. Este concerto marcou o comezo dunha longa xira de celebración. O álbum constaba de 12 temas novos e unha das súas primeiras cancións, regravada.

Por celebrar tres décadas de actuación en 2014, recibiu o Premio Especial á Traxectoria na 16ª edición dos Premios Aragoneses da Música.

Discografía

Maquetas P'a los kolegas - 1989 (Maqueta) D'Empalmada y a pufo - 1992 (Maqueta)

Álbums ¡Ya hera ora! - (Gor Discos , 1995) La nueva mayoría - (Harmony Records, 1997) Resina, agua y ajo - (Boa Music, 1999) 2001: La odisea va despazio - (Boa Music , 2001) Aversiones - 2005 Kagate Kid - 2008 Si todavía te kedan dientes, es ke no estuviste ahí - 2014 Tanto tonto monta tanto - 2020

EP Manuel Japan - 2017

Colaboracións Albert Pla Veintegenarios (con Fermin Muguruza e Robe Iniesta (Veintegenarios en Alburquerque, 1997) Animales Muertos - Véndemelo (Animales Muertos, 1995) Boikot - Con mucha clase (Tu condena, 1996) Disidencia - Cubateo's culture (Bienvenidos a occidente, 2002) MCD - Entre borrachos (Inoxidable, 1997) Los Drunken Cowboys - Mecagüen Mi Mala Suerte (Whisky con Soga, 2016) Zumo de Lepra - Ciudad sin Ley (Haciendo Amigos, 2014) Sartenazo Cerebral - A Tu Salud (Circocracia, 2020)

Filmografía Shacky Carmine (1999): cameo como eloantante Steak Thomas, apenas comenza a cantar cando entran os antidisturbios ao local. The Last Tres Tour - 2008 (Documental) DVD-Documental sobre a xira de Manolo Kabezabolo en Estados Unidos Manolo Kabezabolo. Si todavía te kedan dientes es ke no estuviste ahí - 2023 (Documental) Documental sobre a súa vida, dirixido e producido por J. Alberto Andrés Lacasta, estreado no festival In-Edit Barcelona.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Nados en 1966 Categoría:Cantantes de Aragón