As Sete Tribos Eslavas (en búlgaro: Седем славянски племена; transliterado: Sedem slavyanski plemena) foron unha unión de tribos da chaira do Danubio creada a mediados do século VII que participaron na formación do Primeiro Imperio Búlgaro xunto cos búlgaros e, posiblemente, cos severios entre os anos 680 e 681.
Historia Polo século VII, moitos grupos eslavos cruzaron o Danubio e invadiron as terras da actual Bulgaria. Para se protexeren dos ávaros e dos bizantinos, as diversas tribos eslavas uníronse nunha confederación —a Unión das "Sete Tribos"— e asentáronse permanentemente no territorio entre o Danubio e os montes Ródope, ocupando tanto a chaira do Danubio como as cidades, algunhas das cales foron abandonadas polos seus habitantes.Herrmann & Zürcher (2005), p. 592
Na década de 670, uns xinetes nómades de Asia Central, os protobúlgaros, cruzaron o Danubio e impuxeron o seu dominio sobre as Sete Tribos. Teófanes o Confesor escribiu que os búlgaros, menos numerosos pero superiores militarmente, grazas en particular á súa cabalaría pesada, dominaran as chamadas Sete tribos eslavas.Balkan studies (1988), p. 127 A Unión das Sete Tribos tivo que recoñecer a soberanía do khan búlgaro Asparukh e viuse obrigada a pagar tributos en especie antes de ocupar o seu lugar no nacente estado búlgaro. No verán de 680, a cabalería búlgara e a infantería eslava acadaron unha importante vitoria na batalla de Ongal sobre as tropas bizantinas lideradas polo emperador Constantino IV.
A finais do século VII, as Sete Tribos foron asignadas para defender a fronteira occidental e noroeste do recentemente creado khanato búlgaro contra as incursións dos ávaros,Fiedler (20089, p. 154 así como para defender os pasos dos Balcáns. Así, mentres os severios, cuxa participación na unión é escura, estaban a cargo de gardar a parte oriental das montañasCollective (2002). Balgarska entsiklopediya A-YA (en búlgaro). Sofia: IK Trud. e foron reasentados desde o paso de Beregaba ou Veregava, moi probablemente o Paso de Rish dos Montes Balcánicos, as outras seis tribos recibiron a misión de defender as fronteiras occidentais e noroccidentais do recentemente fundado Primeiro Imperio Búlgaro (a rexión que ía dende o río Iskar ata a súa desembocadura no Danubio).
Os protobúlgaros, malia ser os conquistadores, e ser unha minoría, foron sendo asimilados gradualmente polos eslavos de tal xeito que, no século X, xa adoptaran unha lingua eslava, mentres que o búlgaro acabou por se extinguir. Tamén contribuíu á homoxeneización cultural entre búlgaros e eslavos, o proceso de cristianización de Bulgaria baixo o reinado de Boris I (reinado 852–889) cuxas reformas privaron ás diversas tribos da súa autonomía e autogoberno anteriores. Porén, os eslavos adoptaron o glorioso nome dos seus conquistadores e, deste xeito, pola fusión cultural e política entre búlgaros e eslavos formouse a etnia búlgara.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:século VII Categoría:Eslavos Categoría:Historia de Bulgaria