Leopoldo Álvarez Martínez, nado en Señorín (Macendo, Castrelo de Miño) o 31 de agosto de 1914Data indicada na partida de nacemento. e finado en París o 8 de xuño de 1975, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis. miniatura|Ficha do subcampo de Gusen coa data de ingreso.

Traxectoria Labrego, afiliado á CNT, combateu como miliciano na fronte de Asturias durante a guerra civil española, e foi cabo do Batallón 219 da División do Nalón do Exército do Norte. miniatura|Ficha do expediente de deportado. Exiliouse en Francia tralo triunfo do bando franquista na guerra civil en 1939 e estivo confinado no campo de internamento de Argelès-sur-Mer. O 28 de xaneiro de 1940 integrouse na Compañía de traballadores estranxeiros número 195 ao servizo do exército francés, destinado nos obradoiros de L'Isle-Jourdain e Montmorillon (Vienne). miniatura|Rexistro do matrimonio de Marie e Leopoldo. O 15 de xuño de 1940 foi arrestado en Verdún pola Gestapo, cando estaba enrolado na Lexión Estranxeira do exército francés, e enviado ó Stalag XI-B, en Fallingbostel (Alemaña). O 8 de setembro de 1940 ingresou no campo de concentración de Mauthausen, co número de matrícula 4 363. Considerado preso preventivo, foi trasladado a Gusen desde o campo central o 17 de febreiro de 1941 co número de matrícula 45 811. Foi liberado o 5 de maio de 1945 polo Exército dos Estados Unidos.

Repatriado a Francia o 15 de maio de 1945 viviu na área metropolitana de París, en Maisons-Alfort, na rúa Chabert. Casou en 1947 con Marie Philipot. Obtivo a nacionalidade francesa en 1953, e nesa época traballou de metalúrxico. En febreiro de 1956 o Estado francés concedeulle o título de Deportado Político.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Nados en Castrelo de Miño Categoría:Galegos sobreviventes dos campos de concentración nazis