Hans K. Schuler, nado en Morhange, Alsacia-Lorena, o 25 de maio de 1874 e finado en Baltimore, Maryland, o 30 de marzo de 1951, foi un escultor e deseñador de moedas e medallas xermano-estadounidense.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Hans Schuler naceu o 25 de maio de 1874 na cidade de Morhange,Smith, P. (2025). Páxina 383.Exhibition of American sculpture: catalogue. The National Sculpture Society, Nova York. 1923. Páxina 220. nunha parte de Alsacia-Lorena que daquela estaba baixo a soberanía do Imperio Alemán e que logo pasou a formar parte de Francia. Era fillo de Amalie S. Thomas e de Otto Schuler."Hans Schuler". Findagrave.com A súa familia emigrou aos Estados Unidos cando el era aínda un neno,"Hans Schuler". askART.com en 1880."Sculptures for the Departed in Green Mount Cemetery". Green Mount Cemetery.
Schuler graduouse no Maryland Institute College of Art (MICA), en Baltimore, en 1894, e logo na Escola Rinehart de Escultura en 1898. A continuou perfeccionou a súa formación artística en Francia, na Académie Julian, en 1900, onde tivo como profesor a Raoul Verlet. Nesta etapa formativa en París, Schuler foi o primeiro estadounidense en gañar unha medalla de ouro no Salón de París, concretamente na súa edición de 1901."Hans Schuler". Smithsonian American Art Museum (Americanart.si.edu)."The Legacy of the School.". The Schuler School of Fine Arts (Schulerschool.com).
Carreira artística
Ao seu regreso aos Estados Unidos, en 1906 construíu o seu estudio no número 7 da avenida East Lafayette, en Baltimore, onde residiu e traballou durante o resto da súa vida."Hans Schuler Studio and Residence". Maryland's Historical Trust (apps.mht.maryland.gov). Neste edificio mantén a súa actividade a Schuler School of Fine Arts, fundada en 1959 polo seu fillo, o tamén escultor Hans C. Schuler (1912-1999)."Hans Schuler Studio and Residence". Theclio.com
As súas obras atópanse nas coleccións de museos como a National Gallery of Art en Washington,"Hans Schuler". National Gallery of Art (NGA.gov). e o Walters Art Museum, en Baltimore."Hans Schuler". The Walters Art Museum (Art.thewalters.org).miniatura|260x260px|Estudio e residencia de Hans Schuler en Baltimore.
As esculturas e os monumentos de Schuler adornan moitos espazos públicos, sinaladamente das cidades de Washington e de Baltimore, entre eles o Memorial James Buchanan no Meridian Hill Park de Washington, e o dedicado a Martiño Lutero na cidade de Baltimore. Na Charles Street desta cidade, na zona do campus principal da Universidade Johns Hopkins, tamén hai grandes monumentos de Schuler, na honra de Johns Hopkins e de Sidney Lanier, en ambos os casos grandes bronces que se asentan nunhas elaboradas bases de pedra."Hans Schuler Sr. (1874-1951)". MarylandArtSource.org As esculturas e os relevos de Schuler tamén se achan nos interiores de moitos edificios públicos; valla como exemplo o gran panel de relevo que se atopa na sala principal de concertos do Conservatorio Peabody en Baltimore, creado xunto co co escultor J. Maxwell Miller."Schuler, Hans, 1874-1951, sculptor. Smithsonian American Museum (SI.edu).
Á parte dos monumentos públicos, Schuler tamén creou escultura libre con carga sensual, comno o espido de mármore a tamaño real e moi realista —agora no Walters Art Museum— que representa a Ariadna abandonada e morriñenta, retorcéndose na tristura."Ariadne Deserted on the Isle of Naxos". The Walters Art Museum (Art.thewalters.org).
A Schuler débeselle tamén o deseño e o gravado da moeda de medio dólar conmemorativa do Tricentenario do estado de Maryland, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada en 1934 na Ceca de Filadelfia."1934 Maryland Tercentenary Half Dollar". Earlycommemorativecoins.comSmith, P. (2025). Páxina 384. Creou tamén algunhas medallas conmemorativas, como a dedicada ao centenario da vía férrea entre Baltimore e Ohío, emitida en 1927."Baltimore and Ohio Railroad Centennial Medal". National Gallery of Art (NGA.gov).
Schuler foi membro da Sociedade Nacional de Escultura e expuxo na súa exposición de 1923.Exhibition of American sculpture: catalogue. The National Sculpture Society, Nova York. 1923. Páxinas vii, xii, 220. Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, pertenceu tamén ao Maryland Institute, ao Charcoal Club, á Sociedade Municipal de Arte e á Academia das Ciencias de Baltimore. Tamén impartiu docencia na Corcoran School of Art, e ensinou no Maryland Institute College of Art, unha entidade que dirixiu entre 1925 e 1951.
Vida persoal Schuler casou o 5 de xaneiro de 1905 con Paula Margarethe Schneider (1879-1957), con quen tivo un fillo e unha filla: Charlotte Agnes e Hans C. Schuler.
Hans Schuler finou en Baltimore, Maryland, o 30 de marzo de 1951, aos 76 anos, e foi soterrado no cemiterio nacional de Loudon Park.
Galería de obras
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Smith, P. (2025). "Schuler, Hans". En American Numismatic Biographies. Páxinas 383-384.
Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Nados no departamento de Mosela Categoría:Alumnos da Académie Julian Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Escultores de Italia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Personalidades sen imaxes