Navia de Suarna é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.211 habitantes (1.615 no 2006, 1.680 no 2005, 1.732 no 2004, 1.807 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».
Xeografía O concello, de 242 km², está situado ao leste da provincia de Lugo, no norte dos Ancares. Limita ao noroeste coa Fonsagrada, ao nordeste con Ibias (Asturias), ao suroeste con Cervantes e ao leste con Candín (provincia de León).
Está atravesado polo Río Navia, e polos seus afluentes Ser, Rao, Moia e Bullán. O cumio máis alto é o porto de Ancares (1680 m). Nas Penas de Frou existen unhas covas.
Poboación
Censo total 1.211 (2015) Menores de 15 anos 41 (3.38 %) Entre 15 e 64 anos 598 (49.38 %) Maiores de 65 anos 572 (47.23 %)
Historia Hai restos megalíticos, como as mámoas e dolmens de Ferreirúa e Vilarpandín. Da cultura castrexa hai restos de até 25 castros, como os de Monterrío, O Coedo, Larxentes, Cantón e Cabanela (unidos por un corredor de 300 m), Cruz de Liñares, Casa do Río, Sevane, Vilela ou Galegos. Na parroquia de Rao está o Campamento romano da Recacha. En Moia, Quintá, Muñís e Ribón consérvanse pallozas.
Da idade media son as sepulturas de Abrente e Molmeán. O castelo de Navia ten a súa orixe no século XI. Pasou a mans dos Osorio e da casa de Altamira, e foi destruído durante a Gran Guerra Irmandiña, e rehabilitado posteriormente para vivendas. A ponte da Proba, sobre o río Navia, é de orixe romana. Ten un só arco apuntado, con muros altos e calzada empenada.
Patrimonio A igrexa de san Miguel de Barcia conserva a ábsida románica, do século XIII. O templo de santa María de Rao é de nave rectangular, presbiterio con bóveda redonda sobre catro arcos, retablo maior do século XVIII e un retablo lateral renacentista, do século XVI. A igrexa de san Salvador de Mosteiro conserva a nave románica con armadura de madeira. A ábsida está formado por un tramo recto con bóveda de canón e o testeiro semicircular, con bóveda en cuarto de laranxa. Ten un retablo salomónico de tres fornelos no corpo principal. O templo de santo Estevo de Vilarpandín ten tres naves, con presbiterio na cabeceira e dúas sancristías nos laterais. Conserva tallas dos séculos XV e XVI.
En san Xosé de Muñís hai unha capela con retablo barroco, de tres fornelos e catro columnas salomónicas. outras capelas de importancia son as de Abrente, Marcelín e Molmeán.
Dentro da arquitectura civil, amais das pallozas e piornos, existen diversos muíños, pombais e cortíns, en Pan do Zarco e Vispeiro. Destaca tamén a Casa Benedicto, de estilo modernista.
Gastronomía Nesta zona faise o queixo do Cebreiro. Outros produtos da zona son produtos de caza e pesca e as androllas, produto derivado do porco do que o domingo de entroido se celebra a festa da androlla.
Galería de imaxes
Lugares de Navia de Suarna Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Navia de Suarna vexa: Lugares de Navia de Suarna.
Parroquias
Notas
Véxase tamén
Categoría:Navia de Suarna Categoría:Concellos de Galicia sen imaxes da casa do concello