O condado de Hayes é un condado do estado de Nebraska, nos Estados Unidos. Segundo o censo dos Estados Unidos de 2020, a poboación era de 856 habitantes. A súa sede de condado é Hayes Center. O condado foi creado en 1877 e organizouse en 1884.Fitzpatrick (1925), p. 72Nebraska State Historical Society State Historic Preservation Office (1991), p. 12 Recibiu o seu nome en honor a Rutherford B. Hayes, o presidente dos Estados Unidos no momento da creación do condado.Gannett (1905), p.153 No sistema de matrículas de Nebrasca, o condado de Hayes represéntase co prefixo 79 (tiña o setenta e noveno maior número de vehículos rexistrados no condado cando se estableceu o sistema de matrículas en 1922).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nebraska