Christian Martínez Díaz, nado na Coruña o 13 de outubro de 2000, é un futbolista galego que xoga na posición de dianteiro. O seu equipo actual é o Águilas Fútbol Club da Segunda Federación.

Traxectoria Tras formarse na base do Orillamar SD e do Montañeros, en 2018 ingresou nas categorías inferiores do Club Deportivo Lugo. Foi asignado ao Polvorín Fútbol Club para a tempada 2019/2020 da Terceira División. O 25 de agosto de 2019 realizou o seu debut sénior como substituto de Chiqui nun encontro ante o Arousa.

O 9 de agosto de 2021 foi cedido ao Club de Fútbol La Nucía da Segunda División RFEF. Tras varios meses con pouco tempo de xogo, o 27 de xaneiro de 2022 comezou un novo contrato temporal con outro equipo da mesma categoría, o Bergantiños Fútbol Club. Regresou ao filial lucense para a tempada 2022/23. O 24 de marzo de 2023 debutou co primeiro equipo nun partido de Segunda División contra o Fútbol Club Cartagena no que foi substituto de Pablo Clavería.

O 3 de xullo de 2023, Christian Martínez pasou a formar parte do Racing Vilalbés da Segunda Federación. Tras 17 encontros e 5 goles en media tempada, o 12 de xaneiro de 2024 anunciouse a súa fichaxe polo CF La Nucía, onde xa xogara previamente como cedido. No verán de 2024 asinou un novo contrato co Cacereño.

O 1 de febreiro de 2025 comezou a xogar no Águilas Fútbol Club da Segunda Federación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Christian Martínez en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CD Lugo B Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Racing Vilalbés Categoría:Xogadores do Bergantiños FC Categoría:Xogadores do CF La Nucía Categoría:Xogadores do CP Cacereño