Eduardo Vidal Baamonde, nado en Vilalba o 30 de decembro de 1957, é un veterinario e político galego. Traxectoria
Licenciouse en Veterinaria pola Universidade Complutense de Madrid, e complementou os seus estudos con diversos outros cursos en áreas como a gandeira, sanitaria, medioambiental, mariña ou de xestión.
O seu labor comezou co exercicio da veterinaria rural, accedendo ó funcionariado na escala de saúde pública e administración sanitaria en 1994. Desenvolveu como tal labor veterinaria en Viveiro, Mondoñedo e Celeiro ata 2005. Entre 2005 e 2009 foi Delegado Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2005/20050826/Anuncio1D266_es.htmlhttps://www.xunta.gal/dog/Publicados/2009/20090424/Anuncio17D6A_es.html Ademais, foi Director Xeral da Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL) de 2009 en diante.
Foi Concelleiro en Vilalba en varios mandatos non consecutivos polo PSdeG-PSOE. Cabeza de lista en 2011, reentrou no consistorio no 2020 e dende 2023 está no goberno municipal.https://www.eljuzgado.es/concejales/eduardo-vidal-baamonde-concejal-de-vilalba/ Ademais, foi Deputado Provincial, ocupando en 2015-2019 a carteira de Turismo; no seu mandato púxose en marcha o Consello Provincial de Turismo. En 2023 foi candidato ó Congreso dos Deputados como nº 3 polo PSdeG-PSOE por Lugo. Foi Secretario do PSdeG-PSOE en Vilalba ata 2025. Notas
Categoría:Nados en Vilalba
Categoría:Políticos de Galicia do PSOE Categoría:Nados en 1957 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Veterinarios de Galicia Categoría:Concelleiros de Vilalba Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes