O distrito de Adjumani é un distrito da Rexión Norte de Uganda. O seu nome provén de Adjumani, a súa poboación capital.
Xeografía O distrito de Adjumani limita co distrito de Moyo ao norte, co Sudán do Sur ao nordés, co distrito de Amuru ao leste e ao sur, co distrito de Arua ao suroeste e co distrito de Yumbe ao noroeste. A cidade máis grande do distrito, Adjumani, está situada a uns 125 quilómetros por estrada ao nordés de Arua, a cidade máis grande da subrexión. Esta localización atópase a uns 436 quilómetros por estrada ao noroeste de Kampala, a capital de Uganda e a cidade máis grande do país. O distrito atópase na beira sur do Nilo Branco, xusto antes de que este desemboque no Sudán do Sur.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Adjumani