Miquel Parera Pizá, nado en Manacor o 18 de maio de 1996, é un futbolista balear que xoga na posición de gardameta. O seu equipo actual é o Racing de Ferrol da Primeira Federación.

Traxectoria Tras iniciar a súa formación na base do Club Esportiu Manacor, en 2007 ingresou nas categorías inferiores do Real Club Deportivo Mallorca. O 31 de agosto de 2014 debutou co Mallorca B como titular nun encontro de Segunda División B ante o Alcoyano. Tras varias tempadas no filial, o 3 de abril de 2017 renovou contrato co club balear e pouco despois foi promovido ao primeiro equipo como suplente de Manolo Reina. Nesa mesma tempada, o Mallorca ascendeu de volta á Segunda Divisón.

O 11 de setembro de 2018, Miquel Parera debutou profesionalmente nunha vitoria ante o Real Oviedo na Copa do Rei 2018/19. En outubro dese ano renovou co club mallorquino até 2021. O 4 de novembro de 2018 estreouse na segunda categoría nun partido contra o Oviedo. Como suplente de Reina, na tempada 2018/19 xogou 7 partidos e contribuíu a outro ascenso consecutivo do Mallorca. Parera estreouse na Primeira División o 19 de xullo de 2020 ante o Osasuna.

O 15 de xuño de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo Racing de Santander. Tras catro anos co equipo cántabro, en xullo de 2025 asinou contrato co Racing de Ferrol.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Miquel Parera en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Manacor Categoría:Futbolistas das Illas Baleares Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Mallorca B Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol