Rafael Tresaco Blasco, nado en Sabiñánigo o 24 de agosto de 2000, é un futbolista español que xoga como dianteiro na Cultural Leonesa, da Segunda Divisíon.
Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Real Zaragoza, no que ingresou con dez anos e no que permaneceu ata a maioría de idade. O 19 de febreiro de 2019, despois de non chegar a un acordo sobre un novo contrato, abandonou o club e uniuse ao Rayo Cantabria.
En abril de 2019 foi subido ao primeiro equipo do Racing de Santander, na Segunda División B, para cubrir a baixa de Jon Ander. Debutou 11 días máis tarde, substituíndo a Alberto Noguera nun partido ante o Amorebieta.
Posteriormente xogou no Marbella, no Algeciras e no Huesca B. En agosto de 2023 subiu ao primeiro equipo do Huesca, no que xogou ata o ano seguinte, cando pasou ao Zamora.
O 26 de xuño de 2025, a Cultural Leonesa anunciou a súa fichaxe.
Notas
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Sabiñánigo Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Racing de Santander B Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Marbella FC Categoría:Xogadores do Algeciras CF Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores do Zamora CF Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa