Rafa Cabeleira, pseudónimo de Rafael Villaverde, nado en Campelo o 20 de setembro de 1977, é un xornalista galego.

Traxectoria

Comezou escribindo nun blog, e en 2015 xa escribía en El País, tamén colaborou habitualmente no xornal As e na Cadena SER (Hoy por hoy xunto a Galder Reguera). Colaborador habitual no Diario de Pontevedra, RAC-1 e a revista Jot Down, ademais dos faladoiros da TVG.

Columnista de fútbol e sociedade, participante en varios faladoiros, é unha das voces galegas máis coñecidas do xornalismo deportivo.

No 2024 foi o pregoeiro das festas de San Xoán no seu concello de Poio.

En 2026 gañou o Premio Puro Cora de xornalismo: "a súa voz multidisciplinar e autorizada en temas sociais, políticos e deportivos... certeiro, hábil e que achega un gran sentido do humor ás súas pezas".

Obras

Alienación indebida (2017). Círculo de Tiza. 206 páxs. ISBN 978-84-946299-8-3. Prólogo de Pep Guardiola.

Premios

2026: XXXIII Premio Puro Cora de xornalismo.

Notas

Categoría:Nados en Poio Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Xornalistas deportivos Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en 1977