Antonio Vázquez González, nado en Casardansola (Covas, Montederramo) o 10 de maio de 1910 e finado no campo de concentración de Gusen o 22 de xullo de 1941, foi un refuxiado galego deportado aos campos de concentración nazis.

Traxectoria Antonio posiblemente viviu en Madrid na década de 1930. A súa compañeira chamábase Consuelo Rufo, a quen as autoridades francesas enviaron o aviso de deceso en 1951. Na guerra civil española pertenceu como soldado ás Milicias Populares Galegas, 4º batallón da 1ª Brigada Mixta. miniatura|Rexistro da morte de Antonio Vázquez Exiliado en Francia, pasou polo campo de concentración da praia de Le Barcarès e formou parte da Compañía de Traballadores Estranxeiros número 24, con destino no departamento de Mosela, clasificado como traballador de segunda clase. Antonio Villar tamén estivo nesta compañía. miniatura|Aviso de deceso de Antonio Vázquez Detido polos alemáns, o seu primeiro cárcere foi o campo de prisioneiros de guerra Frontstalag 140 de Belfort. Ingresou en Mauthausen o 27 de xaneiro de 1941, co número 6200, procedente do stalag XI-B de Bad Fallingbostel. Rexistrado como albanel de profesión, solteiro. O seu lugar de residencia era a calle Imperial, en Madrid.

O 17 de febreiro de 1941 trasladárono ao lager de Gusen co número 87009, onde morreu o 22 de xullo. Causa rexistrada da morte: broncopneumonía.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en Montederramo Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis