thumb|Un motor de sustentación LR105 para foguetes Atlas exposto no Air Zoo. O LR105 é un motor foguete de propelente líquido que serviu de motor de sustentación para a familia de foguetes Atlas. Desenvolvido por Rocketdyne en 1957 baixo a denominación S-4, chámaselle motor sustentador debido a que continúa en ignición despois da exección dos motores LR89, proporcionando impulso na fase de ascenso.

Descrición O LR105 é un motor de propelente líquido que usa RP-1 e oxíxeno líquido. Funciona mediante un ciclo de xerador de gas onde unha pequena parte do propelente queimase nun xerador de gas para enerxizar a turbobomba, que propulsa á súa vez combustible e oxidante ao motor.

O motor foi deseñado para ser regulable en impulso, implicando que o impulso se pode axustar durante o voo para optimizar o rendemento. O LR105 tamén usa arrefriamento rexerativo, onde o combustible RP-1 corre por canles de refrixeración na tobeira e na cámara de combustión antes de ser inxectado no proceso de combustión, evitando o sobrequencemento e mellorando a eficiencia.

Versións O LR105 foi mellorado varias veces durante a súa vida operativa, resultando en diferentes variantes:

+VersiónAnoImpulso (kN)Impulso específico (s)Tempo de acendido (s)DetallesLR105-31957375.00308Atlas A, Atlas BXLR105-51958363.20309335Atlas-Able, Atlas B, Atlas-Centaur, Atlas D, Atlas-Agena, Atlas LV-3BLR105-51958386.40316430Atlas-Centaur, Atlas E, Atlas-Agena, Atlas F, Atlas SLV-3LR105-71963386.40316266Atlas Agena, Atlas F, Atlas H, Atlas G, Atlas I

Notas

Véxase tamén

Outros artigos LR89 Atlas (foguete) Rocketdyne

Categoría:Motores foguete