Emily S. Damstra, nada o 17 de xuño de 1975, é unha ilustradora científica, deseñadora de medallas, moedas e selos de correos, principalmente dos Estados Unidos e do Canadá.
Traxectoria Damstra, nada o 17 de xuño de 1975,Smith, P. (2025). cursou os estudos de Belas Artes e acadou o seu mestrado en Ilustración Científica na Universidade de Míchigan."Emily Damstra, Designer. Artistic Infusion Program". United States Mint (Usmint.gov)."Emily Damstra - US Mint Medallic Artist". Coincomunity.com"Information about Emily Damstra". Onlinecoin.club
Logo do seu período formativo comezou a súa carreira artística de xeito independente, sinaladamente como ilustradora científica nos ámbitos da zooloxía, a botánica, a ecoloxía e a paleontoloxía. As súas ilustracións aparecen en diversas publicacións deses temas."Science Illustration". Emilydamstra.com
En 2019 ingresou no Programa de Infusión Artística da Casa da Moeda dos Estados Unidos,"United States Mint Selects 27 Artists for Artistic Infusion Program". United States Mint (Usmint.gov). onde se encargou do deseño de diversas moedas estadounidenses, tanto circulantes como conmemorativas, entre as que destaca o reverso da serie American Silver Eagle en 2021.Garofalo, M. (2021). "Emily S. Damstra Creates the New American Silver Eagle: Part I" / "Part II". Professional Coin Grading Service (PCGS.com). Entre as moedas circulantes cabe mencionar a súa participación nas series dun cuarto de dólar America The Beautiful e American Woman, e nas dun dólar Sacagawea e American Innovation."Emily S. Damstra". Numista.com"United States Mint". Emilydamstra.com
Dentro do seu traballo na US Mint, deseñou tamén varias medallas oficiais, como os reversos das dedicadas ás Forzas Armadas dos Estados Unidos en 2022 e 2023, e a medalla do Congreso dedicada a Steve Gleason.
Ademais, Damstra encargouse tamén do deseño de máis dunha ducia de moedas para a Real Casa da Moeda do Canadá,"Royal Canadian Mint". Emilydamstra.com e dalgúns selos postais para a Administración Postal das Nacións Unidas.
Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, Damstra é membro da Asociación de Ilustradores de Ciencias Naturais.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Smith, P. (2025). "Damstra, Emily S(usan)". En American Numismatic Biographies. Páxina 108.
Ligazóns externas
Sitio web de Emily Damstra Vídeo: "Coin Snacks With Jack: Emily Damstra"
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Ilustradores dos Estados Unidos de América Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Gravadores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Medallas Categoría:Alumnos da Universidade de Míchigan Categoría:Personalidades sen imaxes