A Mancomunidade Hábitat Rural é unha agrupación voluntaria de concellos para a xestión en común de determinados servizos de competencia municipal, creada por varios concellos na provincia de Zamora, da comunidade autónoma de Castela e León, España.
Concellos integrados
A mancomunidade Hábitat Rural está formada polos seguintes concellos:
El Perdigón Pajares de la Lampreana San Agustín del Pozo Villalba de la Lampreana Villafáfila
Sede
Os Órganos de Goberno e Administración terán a súa Sede na localidade de Pajares de la Lampreana.
Fins
Establécese como fin principal da Mancomunidade a realización de todas aquelas actividades que resulten precisas para a promoción, xestión, desenvolvemento e execución do ARI, consistente na rehabilitación, de forma integrada, dos conxuntos urbanos e áreas rurais de interese arquitectónico, histórico, artístico, cultural, ambiental ou social, e que fosen declaradas así polo órgano competente da comunidade autónoma, previo acordo co Concello afectado.
A xestión do ARI, que corresponderalle á Mancomunidade, como ente aglutinador dos intereses municipais, poderá comprender as seguintes actuacións:
As operacións de rehabilitación de edificios e vivendas, tales como cubertas, fachadas, habitabilidade interior, instalacións, accesos comúns etc. A execución da urbanización ou reurbanización do ámbito considerado, comprendendo incluso as obras de demolición. Aqueloutras que se deriven do propio proxecto ARI.
Estrutura orgánica
O goberno, administración e representación da Mancomunidade corresponden aos seguintes órganos:
Presidente. Vicepresidente. Asemblea de Concelleiros. Consello Directivo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Provincia de Zamora
Ligazóns externas
Mancomunidades da web da Deputación de Zamora
Categoría:Mancomunidades da provincia de Zamora