Xerona (en catalán: Girona, pronunciado [ʒiˈɾonə]) é unha provincia española situada na zona nordés de Cataluña. Limita coas provincias de Barcelona polo sur e oeste; Lleida polo oeste; con Francia e Andorra polo norte e co mar Mediterráneo polo leste.

Un concello da provincia, Llívia, é un enclave separado do resto da provincia, estando rodeado por territorio administrativamente francés.

A provincia contaba con 687.331 habitantes (INE 2006). A súa capital é a cidade de Xerona (en catalán Gerona), onde vive algo máis da oitava parte da poboación total.

Comarcas As comarcas da provincia de Xirona son as seguintes: O Alt Empordà O Baix Empordà A Cerdanya (só a metade oriental) A Garrotxa O Gironès A Pla de l'Estany O Ripollès A Selva (excepto o municipio de Fogars de la Selva)

Ademais, tamén se inclúen nesta provincia os concellos de Viladrau, Espinelves e Vidrà, que pertencen á comarca de Osona.

Demografía

Concellos máis poboados

Os municipios máis populosos son: Xirona 92.186 hab. Figueres 41.115 hab. Blanes 38.368 hab. Lloret de Mar 34.997 hab. Olot 32.337 hab. Salt 27.673 hab. Palafrugell 21.412 hab. Sant Feliu de Guíxols 21.155 hab. Roses 18.139 hab. Banyoles 17.451 hab. Palamós i Sant Joan 17.400 hab. Santa Coloma de Farners 11.090 hab. Torroella de Montgrí 10.924 hab. Ripoll 10.867 hab. Castelló d'Empúries 10.629 hab. Calonge 10.009 hab. Castell-Platja d'Aro 9.766 hab. La Bisbal d'Empordà 9.593 hab. L'Escala 9.330 hab. Cassà de la Selva 8.994 hab. Puigcerdà 8.949 hab.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da Deputación de Xirona

Xirona