Reginald Crundall Punnett (; nado o 20 de xuño de 1875 – finado o 3 de xaneiro de 1967) foi un xenetista británico cofundador, xunto con William Bateson, do Journal of Genetics en 1910. Punnett é probablemente lembrado hoxe principalmente como creador do cadro de Punnett, unha ferramenta aínda usada polos biólogos para predicir a probabilidade dos xenotipos posibles da descendencia dun cruzamento xenético. O seu libro Mendelism (1905) dise ás veces que foi o primeiro libro de texto de xenética, e probablemente foi o primeiro libro de divulgación científica que introduciu a xenética ao público.

Vida e obra Reginald Punnett naceu en 1875 na vila de Tonbridge en Kent, Inglaterra. Mentres se recuperaba dun ataque de apendicite na súa infancia, familiarizouse coa Biblioteca do Naturalista de Jardine e desenvolveu un interese pola historia natural. Educouse no Clifton College."Clifton College Register" Muirhead, J.A.O. p154: Bristol; J.W Arrowsmith for Old Cliftonian Society; abril, 1948

Asistiu ao Gonville and Caius College, Cambridge, onde obtivo o seu grao de licenciado en zooloxía en 1898 e un máster en 1901."Punnett, Reginald Crundall (PNT894RC)". A Cambridge Alumni Database. University of Cambridge. Entre estas dúas titulacións traballou como demostrador e profesor a tempo parcial no Departamento de Historia Natural da Universidade de St. Andrews. En outubro de 1901, Punnett tornou a Cambridge, onde foi elixido membro do Gonville and Caius College, traballando en zooloxía, principalmente no estudo de vermes nemertinos. Durante esta época el e William Bateson empezaron unha investigación en colaboración, que duraría varios anos.As datas danse en

Cando Punnett era estudante universitario, o traballo de Gregor Mendel sobre a herdanza era bastante descoñecido e pouco aprezado polos científicos. Porén, en 1900, os traballos de Mendel foron redescubertos por Carl Correns, Erich Tschermak von Seysenegg e Hugo de Vries. William Bateson convertérase nun defensor da xenética mendeliana e traducira a obra de Mendel ao inglés. Xunto con Bateson, Reginald Punnett contribuíu a establecer a nova ciencia da xenética en Cambridge. El, Bateson e Edith Rebecca Saunders codescubriron o ligamento xenético por medio de experimentos con polos e chicharos de olor.

alt=|miniatura|upright=0.5|esquerda|Un cadro de Punnett. En 1905 Punnett ideou o que hoxe se chama cadro de Punnett, un diagrama con forma de cadro que se usa para predicir os xenotipos dun determinado experimento de cruzamento, descrito por primeira vezA primeira edición de 1905 dese libro non contén o cadro de Punnett. Aparece o cadro na 2ª edición e na terceira edición (1911) dá unha explicación máis completa. na 2ª edición do seu libro.

En 1908, incapaz de explicar como os alelos dominantes non quedan fixados facéndose ubicuos na poboación, Punnett presentou un dos seus problemas ao matemático G. H. Hardy, co cal xogaba ao cricket. Hardy formulou a lei de Hardy–Weinberg, independentemente do alemán Wilhelm Weinberg. Punnett foi superintendente do Museo de Zooloxía da Universidade de Cambridge desde 1908 a 1909.

En 1909 foi a Sri Lanka a encontrarse con Arthur Willey, entón director do Museo de Colombo e R H Lock, entón asistente científico nos Xardíns Botánicos de Peradeniya e para cazar bolboretas. O seguinte ano, publicou unha monografía titulada "Mimicry" in Ceylon Butterflies, with a suggestion as to the nature of Polymorphism, en Spolia Zeylanica, a revista do Museo de Colombo,RC Punnett, '"Mimicry" in Ceylon Butterflies, with a suggestion as to the nature of Polymorphism', Spolia Zeylanica na cal expuxo a súa oposición ás explicacións gradualistas da evolución do mimetismo que posteriormente ampliou na seu libro de 1915 Mimicry in Butterflies (Mimetismo en bolboretas).

En 1910 Punnett converteuse en profesor de bioloxía en Cambridge, e despois no primeiro profesor Arthur Balfour de xenética cando deixou o posto Bateson en 1912. Ese mesmo ano, Punnett foi elixido membro da Real Sociedade (FRS). Recibiu a Medalla Darwin da sociedade en 1922.

Durante a primeira guerra mundial, Punnett aplicou con éxito a súa experiencia a resolver o problema da determinación temperá do sexo nos polos. Como as femias son as únicas que poñen ovos, a identificación temperá dos polso machos, que eran destruídos ou separados para o engorde, significaba que se podían utilizar máis eficientemente a alimentación animal e outros recursos. O traballo de Punnett nesta área foi resumida en Heredity in Poultry (Herdanza nas aves de curral, 1923). Con Michael Pease como axudante, creou a primeira raza de polo autosexante, a Cambar, ao transferir o xene do barrado nas plumas da raza Barred Rock á Golden Campine.F.A.E. Crew (1967). Reginald Crundall Punnett. 1875-1967. Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 13: 309–326. [PDF]

Reginald Punnett xubilouse en 1940 e morreu aos 91 anos de idade en 1967 en Bilbrook, Somerset.

Obras seleccionadas

- Unha copia escaneada da 2ª edición pode encontrarse aquí.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cadro de Punnett

Ligazóns externas A brief biographical sketch of Punnett A briefer biographical sketch of Punnett A brief history of the University of Cambridge's Department of Genetics

Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Xenetistas Categoría:Euxénese Categoría:Estatística Categoría:Mutacionismo