Xesta é unha organización de ideoloxía anarquista que traballa en Galiza pola construción do socialismo libertario.

Historia

Fíxose pública o 19 de maio de 2025, e a súa creación é froito de debates levados a cabo no seo do proxecto do Seminario de Estudos Libertarios Galegos. Trátase dun espazo vencellado, tanto en militancia como en visión política, con distintos espazos como Refuxios da Memoria, As feiras do libro anarquista da Coruña e de Pontevedra, o Ateneo Libertario de Pontevedra e as editoriais Ardora (s)ediçons anarquistas e Bastiana.

É unha das organizacións do anarquismo social e organizado coordinadas arredor da revista Regeneración Libertaria no Estado español. Participou no II Encontro do Anarquismo Social e Organizado.

Ideoloxía Xesta intégrase na tradición do anarquismo social e organizado. Aposta por constituírse como organización especificamente anarquista, con unidade estratéxica e ideolóxica dende a que desenvolver estratexias e programas, ao mesmo tempo que se participa nos distintos movementos populares, xa que se entende que só dende eles se pode conseguir a revolución. Este modelo de militancia recibe o nome de militancia dual.

Notas

Categoría:Anarquismo en España Categoría:Organizacións de Galicia