Gaius Fabius Pictor (en ) foi un maxistrado romano, fillo do pintor Gaio Fabio e irmán do cónsul Numerio Fabio Píctor. Formaba parte da familia dos Fabii Pictores, unha rama da gens Fabia iniciada polo seu pai. Traxectoria Foi elixido cónsul no ano -269, xunto con Quinto Ogulnio Galo, e librou unha guerra contra os picentinos, que non rematou ata o ano seguinte. Durante o seu consulado, cuñouse prata por primeira vez en Roma.

Xunto con Ogulnio Galo conquistou, con considerábel dificultade, a cidade de Aufidena, de identificación, aínda que probabelmente sexa a mesma cidade mencionada por Xoán Zonaras como Caricini, a principal cidade dos caracenosDión Casio, Roman History. Esta cidade sería o actual Castel di Sangro.

Notas

Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Nados no século -IV Categoría:Finados no século -III Categoría:Gens Fabia