Víctor Pastrana Carrasco, nado en Guadalaxara o 27 de setembro de 1996, é un futbolista castelán-manchego que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Club Deportivo Lugo da Primeira Federación.

Traxectoria en clubs Pastrana comezou a súa formación no CF Trival Valderas. No ano 2012 ingresou nas categorías inferiores da Agrupación Deportiva Alcorcón. En outubro de 2014, mesmo sen ter xogado no filial, Pastrana foi convocado para adestrar co primeiro equipo. O seu debut profesional na Segunda División tivo lugar o 25 de xaneiro de 2015, cando foi substituto de Kiko Femenía nun partido perante o Albacete Balompié. Posteriormente foi promovido definitivamente ao cadro do Alcorcón.

O 21 de xullo de 2016 anunciouse a cesión de Pastrana durante un ano na Sociedad Deportiva Ponferradina da Segunda División B. O 4 de xullo de 2017, tras finalizar a estadía co club berciano, Pastrana concluíu a súa vinculación co Alcorcón. Nese mesmo día Pastrana chegou a un acordo co Celta de Vigo B por dúas tempadas.

O 9 de xullo de 2019, xa como axente libre, Pastrana asinou un novo contrato de tres anos co Extremadura Unión Deportiva da Segunda División. Permaneceu no equipo estremeño até xaneiro de 2022, cando pasou a formar parte do Atlético Baleares. En agosto de 2024 fíxose oficial a fichaxe de Pastrana polo Alcoyano. Na tempada 2025/26 incorporouse ao Club Deportivo Lugo.

Traxectoria internacional O 8 de febreiro de 2015 Pastrana foi convocado pola selección de fútbol sub-19 de España. O seu debut tivo lugar o 29 de maio dese ano, cando participou nunha vitoria por 4-1 contra Xeorxia. Pastrana foi o primeiro xogador do Alcorcón en xogar nalgunha das categorías da selección española.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Víctor Pastrana en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Guadalaxara Categoría:Futbolistas de Castela-A Mancha Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19 Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Extremadura UD Categoría:Xogadores do CD Atlético Baleares Categoría:Xogadores do CD Alcoyano Categoría:Xogadores do CD Lugo